Fullmetal Alchemist: Brotherhood

serie anime dirixida por Yasuhiro Irie

Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto?) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003. Ó contrario que a adaptación anterior, Brotherhood é case unha adaptación directa dos eventos da historia orixinal do manga. Foi anunciada por vez primeira no volume tankōbon número 20 do manga.[1] No Xapón, diferenciouse da versión de 2003 pola inclusión do inglés no título. A serie estreouse o 5 de abril de 2009, substituíndo Mobile Suit Gundam 00 na programación, e emitiuse semanalmente até o seu derradeiro episodio o 4 de xullo de 2010. As actrices de dobraxe Romi Park e Rie Kugimiya retomaron os seus papeis como os personaxes de Edward e Alphonse Elric, respectivamente.

Notas editar

  1. Animage Editorial Staff (outubro de 2008). "鋼の錬金術師 新シリーズ" (en xapanés). Animage (Toquio, Xapón: Tokuma Shoten) 364 (outubro de 2008): 67.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar