Ọṣun (en yoruba), Osun (en inglés), é un dos estados da República Federal de Nixeria. É un estado interior, no suroeste da Nixeria. Creado o 27 de agosto de 1991, ten como capital a cidade de Osogbo. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4 137 627 habitantes, nunha área de 9.251 km². Delimita polo norte co estado Kwara, polo leste, en parte, co estado Ekiti e, en parte, polo estado Ondo, polo sur co estado Ogun e, polo oeste, co estado de Oyo.

Modelo:Xeografía políticaEstado de Osun
Imaxe

Lema«land of virtue» Editar o valor em Wikidata
AlcumeIlu-aro (City of Tie and Dye). Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aRio Osun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 7°30′N 4°30′L / 7.5, 4.5Coordenadas: 7°30′N 4°30′L / 7.5, 4.5
EstadoNixeria Editar o valor em Wikidata
CapitalOsogbo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Aiyedaade (en) Traducir
Aiyedire (en) Traducir
Atakunmosa East (en) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 30+
Poboación
Poboación4.705.589 (2016) Editar o valor em Wikidata (508,66 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie9.251 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación27 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Órgano executivoOsun State Executive Council (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governor of Osun State (en) Traducir Editar o valor em WikidataAdemola Adeleke (en) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoOsun State House of Assembly (en) Traducir Circunscrición: 26, (Escano: 26) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal230001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2NG-OS Editar o valor em Wikidata

Páxina webosunstate.gov.ng Editar o valor em Wikidata

É lar da Universidade Obafemi Awolowo, preeminente institución de ensino superior de ,Nixeria. Atópase tamén neste estado a antiga vila de Ile-Ifé, un importante centro de desenvolvemento político e relixioso da cultura yoruba. Outras importantes cidades e vilas son as capitais do antigo reino: Oke-Ila Orangun, Ila Orangun, Ede, e Ilesa.

Río Osun en Osogbo, estado de Osun.

O nome do estado deriva do río Osun.

Templo de Osun. O bosque sagrado de Osun-Osogobo foi declarado Patrimonio da Humanidade no 2005.

Demografía editar

Os principais sub-grupos étnicos do Estado Ọṣun, son os ife, os ijesha, os oyo, os ibolo e os igbomina das tribos yoruba, aínda que tamén hai persoas doutras partes de Nixeria. O yoruba e o inglés son as linguas oficiais.

Divisións administrativas editar

O Estado de Osun componse de trinta Áreas de Administración Local, a unidade primaria (terceiro nivel) do goberno nixeriano.

As 30 Áreas de Administración Local están listadas abaixo coas súas respectivas sedes entre parénteses:

Véxase tamén editar

Ligazón externa editar