Estación de esquí

Unha estación de esquí é unha área preparada para o desfrute da neve. Dispón de pistas de esquí balizadas preparadas por máquinas especiais e clasificadas por cores (verdes, azuis, vermellas, negras) así como pistas de fondo, hoteis para o descanso dos usuarios, remontes para o transporte dos esquiadores a zonas altas e segundo cales diferentes servizos que poden ir desde zona para usar zorras até pistas de patinaxe.

Estacións de esquí no mundo por país.
Estacións de esquí en Bariloche (Arxentina).

Tipos de pistas editar

  • Verde, pistas moi sinxelas, con pouca pendente (10-15%), xeralmente moi curtas (menos de 500 metros), resgardadas climatoloxicamente e en cotas baixas. Son as ideais para os debutantes na práctica dos deportes de neve. Os remontes nestas pistas son máis lentos e teñen menos forza que no resto de tipo de pistas, para non intimidar ao usuario.
  • Azul, pistas sinxelas e intermedias. Estas pistas, con maiores pendentes cás verdes, supoñen o seguinte paso na práctica do esquí. Xa non son as pistas para aprender, por estas, pasan esquiadores ou snowboarders de todos os niveis, e os remontes para acceder a elas xa non son especiais para os que están a iniciarse.
  • Vermella, son pistas difíciles, pistas para esquiadores ou snowboarders de nivel medio-alto. Adoitan ser pistas cunha gran pendente, en ocasións superando o 40%.
  • Negra, pistas moi difíciles. Estas son pistas para esquiadores experimentados, a dificultade adoita provir da gran pendente sobre a que discorren (en ocasións máis do 50%), así como ter pasos moi estreitos nos que fai falla unha gran destreza á hora de realizar xiros xa que non hai moito espazo. Trátase das pistas balizadas máis bonitas, xa que acostuman estar en cotas altas e ao ter moi grandes desniveis e poucos practicantes pola dificultade, as vistas desde estas son espectaculares.
  • Itinerario, marcadas cunha cor alaranxada. Os itinerarios son rutas que propón a estación, pero que non están preparadas e ademais non adoitan estar balizadas, polo que só se recomenda facelas a afeccionados expertos e a ser posíbel en grupos, xa que os servizos da estación non cobren estas rutas, nas que a neve non está pisada polas máquinas nin esquiadores e o percorrido non está claramente definido, polo que só deberían realizarse se se coñece previamente. Son percorridos moi longos ou especialmente difíciles que a estación marca pero non toma responsabilidade.
  • Fóra pista, teñen as mesmas características que os itinerarios (entraña dificultades técnicas e perigos naturais, como a posibilidade de aludes), pero estas non están marcadas pola estación. Basicamente consisten no descenso dun esquiador moi experto polo monte, por onde el queira, sen seguir un camiño claro. O fóra pista é o contrario a unha pista de esquí, o esquiador baixa por un lugar non marcado por balizas nin pisado pola maquinaria e por onde non pasa habitualmente ninguén.
  • Fondo, itinerarios de varios quilómetros, especialmente preparados para os afeccionados ao esquí de fondo.

Tipos de remontes editar

 
Vista típica

Servizos editar

  • Restauración, desde cafeterías a distintas cotas até restaurantes e self-services.
  • Seguridade, adoitan dispoñer de motos de neve para trasladar rapidamente a lesionados, cuartos de primeiros auxilios etc.
  • Outros, teléfonos, megafonía, baños.
  • Aloxamento, albergues e hoteis.

Véxase tamén editar