Escafoide (tarso)

óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso

O óso escafoide do tarso, tamén chamado navicular, é un óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso. Presenta unha estrutura cuboide.

Escafoide (tarso)
Escafoide, vista anterolateral.
Escafoide, vista lateral.
Latín Os naviculare
Gray tema #63 270

Superficie e insercións editar

  • Superficie posterior: é unha zona escavada destinada á cabeza astragalina, establecendo a única enartrose do . Forma parte do nocello.
  • Superficie anterior: artéllase cos ósos cuneiformes. Presenta tres zonas articulares: externa, media e interna, para cada óso. As articulacións son pequenas artrodias, polo que o movemento redúcese a pequenos deslizamentos.
  • Superficie interna: forma parte do bordo interno do pé. Nela insértase o músculo tibial anterior.
  • Superficie externa: na parte posterior artéllase co cuboide.
  • Superficie superior: insírese o ligamento clave (brazo interno).
  • Superficie inferior: insírese o músculo tibial posterior e a fascia plantar media.

Articulacións editar

Artigo principal: Nocello.
  • Por detrás co astrágalo.
  • Por diante cos ósos cuneiformes: artrodias.
  • Por fóra co cuboide.