Oyam District é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos de Uganda, o seu nome provén da poboación capital, Oyam.

Modelo:Xeografía políticaDistrito Oyam

Nomeado en referencia aOyam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 2°23′N 32°30′L / 2.38, 32.5Coordenadas: 2°23′N 32°30′L / 2.38, 32.5
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalOyam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua langu (pt) Traducir
Lingua acholí Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.190,8 km² Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-321 Editar o valor em Wikidata

Páxina weboyam.go.ug Editar o valor em Wikidata

Limita co Distrito Gulu polo norte, co Distrito Pader polo nordeste, co Distrito Kole polo leste, co Distrito Apac polo sur, co Distrito Kiryandongo polo suroeste e co Distrito Nwoya polo oeste.[1] Oyam, a cabeceira, atópase aproximadamente a 73 km ao oeste de Lira, a maior poboación da subrexión.

O distrito foi establecido polo parlamento ugandés no 2006. Anteriormente, o distrito formaba parte do Distrito Apac. Canda o Distrito Lira, o Distrito Alebtong, o Distrito Amolatar, o Distrito Apac, o Distrito Dokolo, o Distrito Kole, o Distrito Otuke, o Distrito Oyam forma parte da subrexión Lango, lar dunha poboación langi de millón e medio de .individuos. É un distrito predominantemente rural.[2]

No censo do ano 2002, tiña unha poboación estimada de 268.400 habitantes, e dábaselle un crecemento do 3%, polo que, para o 2010, tería unha poboación de 340.000 habitantes.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.[3]

Notas editar

  1. Mapa dos distritos de Uganda
  2. "Profile of Oyam District". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
  3. About the Economy of Oyam District[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar