Pader District é un distrito da Rexión Norte de Uganda, denominado así por Pader, a capital.

Modelo:Xeografía políticaDistrito Pader
Imaxe

Nomeado en referencia aPader, Uganda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 2°50′N 33°05′L / 2.83, 33.08Coordenadas: 2°50′N 33°05′L / 2.83, 33.08
EstadoUganda
RexiónRegião Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalPader, Uganda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua acholí Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.362,5 km² Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-312 Editar o valor em Wikidata

Limita co Distrito Lamwo polo noroeste, co Distrito Kitgum polo nordeste, co Distrito Agago polo leste, Distrito Otuke polo sueste, co Distrito Lira polo sur, co Distrito Oyam polo suroeste e co Distrito Gulu polo oeste.[1] Pader, a capital, atópase aproximadamente a 130 km ao nordeste de Gulu, a principal cidade da subrexión.[2].

O distrito é relativamente recente, tendo sido anteriormente parte do Distrito Kitgum. En decembro de 2001, o condado de Aruu e o de Agago foron separados do Distrito Kitgum para formar o Distrito Pader. A cabeceira do distrito, Pader, atópase no centro do distrito. O distrito, canda o de Amuru, o de Agago, o de Gulu, o de Lamwo, o de Nwoya e o de Kitgum, constitúe a subrexión acholi, considerado o territorio histórico dos acholi, e lar dunha poboación dun millón de habitantes.

O censo do ano 2002 dáballe unha poboación estimada ao distrito de aproximadamente 142.320 habitantes. Na maior parte da primeira década dos 2000, a maioría da poboación dentro do distrito viviu en campos de refuxiados, por culpa da Guerra de Resistencia do Señor. Co cesamento de hostilidades entre o LRA e o UPDF no 2006, moita xente dos campos de refuxiados regresaron aos seus lares.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar