David Luiz
futbolista brasileiro
David Luiz Moreira Marinho, máis coñecido como David Luiz, nado en Diadema, São Paulo, o 22 de abril de 1987, é un futbolista internacional brasileiro que xoga como defensa ou mediocentro defensivo para o Arsenal da Premier League inglesa.
David Luiz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Luiz Moreira Marinho | ||
Nacemento | 22 de abril de 1987 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Diadema | ||
Altura | 1,89 m | ||
Posición | Defensa / Mediocentro defensivo | ||
Información de club | |||
Club actual | Arsenal | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
1999–2001 | São Paulo | ||
2001–2005 | Vitória | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2007 | Vitória | 26 | (1) |
2007 | → Benfica (cesión) | 10 | (0) |
2007–2011 | Benfica | 72 | (4) |
2011–2014 | Chelsea | 81 | (6) |
2014–2016 | Paris Saint-Germain | 56 | (3) |
2016–2019 | Chelsea | 79 | (5) |
2019– | Arsenal | 12 | (2) |
Selección nacional | |||
2007 | Brasil Sub-20 | 2 | (0) |
2010– | Brasil | 57 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 24 de novembro de 2019. Selección: actualizado a 22 de febreiro de 2018.[ editar datos en Wikidata ] | |||
David Luiz comezou xogar profesionalmente no Esporte Clube Vitória, club no que pasou seis anos seis anos incluíndo as categorías de base. Após só un ano no equipo profesional, foi cedido e, meses despois, vendido, ao Sport Lisboa e Benfica, onde rapidamente se volveu un dos xogadores máis queridos polos seareiros. Permaneceu no club portugués até 2011, cando foi contratado polo Chelsea da Premier League inglesa. Un ano antes xogara por primeira vez cos selección brasileira de fútbol.