O Lepanto foi un cruceiro da armada española. Construíuse en Cartaxena, botouse en 1893, e serviu de escola de Aplicación e Escola de Torpedistas. Con 4.664 toneladas de desprazamento, estaba preparado para unha tripulación de 420 homes. Era un barco xemelgo do cruceiro Reina Regente pero de fabricación española e de moita menor calidade. Foi dado de baixa en 1910.

Perfil do Lepanto co seu aspecto en 1908.