Club de Futbol Reus Deportiu

O Club de Futbol Reus Deportiu é un club de fútbol español da cidade de Reus, na provincia de Tarragona. Foi fundado en 1909.

Reus Deportiu
NomeClub de Fútbol Reus Deportiu S.A.D.
Alcume(s)Ganxets
Fundación1909
EstadioEstadi Municipal,
Reus, España
Inauguración1978
Capacidade4.500
PresidenteClifton V Onolfo
LigaExpulsado
2018–1922º
Na rede
http://www.cfreusdeportiu.com
Titular
Alternativo

Non debe confundirse co Reus Deportiu; por ben que ambos os clubs compartiron un pasado común (e as cores roxinegras), actualmente son sociedades distintas. Mantén unha forte rivalidade co Gimnàstic de Tarragona.

Historia editar

O Club Deportiu Reus foi fundado o 23 de novembro de 1909, sobre os cimentos do desaparecido Reus Sport Club. Inicialmente dedicábase exclusivamente á práctica do fútbol, sendo o seu primeiro recinto de xogo o velódromo da rúa Sant Joan. En 1913 estreou o seu primeiro campo fixo, na estrada de Salou. Ata 1927 non estrearía o seu primeiro campo de propiedade, un estadio situado na rúa Gaudí.

O 29 de setembro de 1917 se oficializó a unión do CF Reus co Club Velocipedista e o SC Olímpia, converténdose nun club polideportivo, cuxo nome pasou a ser Reus Deportiu.

En 1918 foi aceptado como membro da Federació Catalana de Futbol, o que lle permitiu empezar a competir de xeito oficial. En 1923 e 1924 proclamouse campión de Cataluña en segunda categoría. Con todo, a Guerra civil española freou a súa progresión.

Nos anos 40, tras o conflito bélico e co auxe do profesionalismo deportivo, o Reus Deportiu empezou a sufrir unha importante crise económica, que lle levou a escindirse, en 1951, en dúas entidades: o CF Reus Deportiu, dedicado exclusivamente á práctica do fútbol, e doutra banda o Reus Deportiu, que conservou as outras seccións, sendo a máis destacada o hóckey a patíns.

En outubro de 1977 o CF Reus Deportiu inaugurou na rúa Alcover o Camp Nou, o seu actual estadio. Poucos anos despois, a tempada 1980-81, proclamouse campión de Terceira división e ascendeu por primeira vez a Segunda división B, que é a maior categoría alcanzada na súa historia. En Segunda B permaneceu dous anos, ata perder a categoría en 1983.

Logo virían anos difíciles, nos que o Reus chegou a caer a categoría rexional. A finais dos anos 90 rexurdiu: regresou a Terceira división en 1999 e en 2002 lograba novamente ascender, converténdose desde entón nun equipo ascensor entre Terceira e Segunda B.

Na actualidade de hoxe en día, o CF Reus Deportiu crece aos poucos, e cando anos atrás era un modesto equipo de Terceira división, agora na actualidade, é un equipo que sempre esta entre os catro primeiros clasificados, loitando sempre por subir a segunda B, a última vez na tempada 2006-2007 que chegou á final, pero que non puido lograr o ascenso pola eliminación do Betis Balompé "B".

Os dous últimos anos, o CF Reus Deportiu tamén alcanzou a cota de Play-Off de ascenso a Segunda División B, caendo na tempada 2007-08 en 1ª Rolda ante o Sangonera murciano (equipo que posteriormente alcanzaría o ascenso) e na tempada 2008-09 ante o equipo balear do Benissalem.

Ao ano seguinte nos play-offs caería por 4ª vez consecutiva ante o Jerez de los Caballeros, coa polémica do xogador Ferredinha, expulsado en Reus, que foi indultado pola Federación Española, puido xogar en Xerez e marcou o 1-0 que sirviría para deixar ao equipo reusense eliminado.

Na tempada 2007-08 tamén chegou a alcanzar a Final da Copa da RFEF, eliminatoria a dobre partido na que caeu eliminado fronte ao campión daquela edición o CD Ourense.

Na tempada 2010-11, tras finalizar a campaña regular en 4ª posición, e superar con éxito os cruces de play-off contra Universidad de Oviedo, Náxara CD e CD Comarca de Níjar, o conxunto roxinegro volveu cinco anos despois á categoría de bronce do fútbol español, a Segunda División B, categoría onde militará a partir da tempada 2011-12.

Uniforme editar

  • Primeiro uniforme: Camiseta vermella e negra, pantalón negro e medias negras.
  • Segundo uniforme: Camiseta azul, pantalón azul e medias brancas.

Estadio editar

Artigo principal: Estadi Municipal de Reus.

O seu actual estadio é o Estadi Municipal de Reus, un recinto con capacidade para 4.500 espectadores inaugurado en 1977 e que desde 1984 é de titularidade municipal. É o cuarto campo na historia do CF Reus Deportiu, tras o campo da Estrada de Salou (1913-1919), o Campo do Camí de l'Aleixar (1919-1927) e o estadio da rúa Gaudí (1927-1977).

Datos do club editar

Xogadores destacados editar

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar