Clodión
Clodion o Cabeludo, finado no 448, foi xefe dos francos salios e segundo rei da Dinastía Merovinxia.
Nome orixinal | (la) Chlogio, Clodio, Cloio (fr) Clodion «le Chevelu» |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 393 valor descoñecido |
Morte | 448 (Gregoriano) (54/55 anos) valor descoñecido |
Rei dos francos | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | King of Salian Franks (en) (–451) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Fillos | Meroveo, Clodebaud (en) |
Pai | Teodemiro (pt) |
Parentes | Teodemiro (pt) (may be father (en) ) Faramundo (may be father (en) ) |
Traxectoria editar
Talvez fillo de Faramundo e irmán de Cleno, foi alcumado "o Cabeludo", porque tiña moito pelo ou porque levaba o pelo máis longo có dos seus predecesores.
Comezaba a reinar cando o xeneral romano Aecio o atacou á fronte dun grande exército. Derrotouno e desposuíuno de todas as súas propiedades na Galia. Clodión para vingarse dos romanos, cae sobre a Turinxia e dedicouse á pillaxe, sorprendendo un castelo denominado Disparg. Aecio marcha de novo contra el e logo de volvelo a vencer instauran a paz. Esta paz durou pouco, xa que vendo Clodión que todas as vilas da fecunda Bélxica estaban sen defensa, conquistou o país ata a proximidade do río Somme. Pero non puido conservar esta conquista, sorprendéndoo Aecio cando estaba celebrando a voda dun gran señor do seu exército. Perdeu todo o que conquistara a este lado do Rhin. Logo de vinte anos de reinado morre cara ao ano 448, segundo algúns, debido á dor pola morte do seu primoxénito, morto durante o asedio de Soissons. Descoñécese o nome da raíña e o dos seus fillos.
Sucédeo no trono Meroveo.
Reino franco | ||
---|---|---|
Segue a: Faramundo |
Clodión | Precede a: Meroveo |
Merovinxios |