Canal 3XL

canle de Televisió de Catalunya

3XL foi unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público xuvenil e que comparte a súa frecuencia co Canal Super3, emitindo desde as 21:30 horas ata a madrugada.

3XL
Inicio das emisións 19 de setembro de 2010
Fin das emisións 1 de outubro de 2012
Propiedade de CCMA
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 1,5% (outubro de 2010, TNS)
Slogan Estàs viu? Demostra-ho
País España España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Illas Baleares
Andorra
Francia Pireneos Orientais
Sede central Sant Joan Despí
Canle que substitúe Canal 300
Canle/s irmá(s) TV3
El 33
Canal Super3
3/24
Esport 3
TV3CAT
TV3HD

Na rede
www.3xl.cat

A canle toma o seu nome do programa de televisión 3XL.net (posteriormente 3XL.cat), que se estreou o 15 de maio de 2000 na segunda cadea de televisión catalá, Canal 33. As emisións de 3XL como cadea independente comezaron o 19 de setembro de 2010, en substitución de Canal 300. A canle potencia á súa vez unha comunidade virtual dirixida aos mozos.

O 1 de outubro de 2012, a canle cesou as súas emisións, dentro da redución de custos que fixo a emisora ​​pública catalá. Parte da súa programación pasou a Canal Super3 e El 33.

Programación editar

A programación de 3XL está enfocada a un público novo entre os 15 e os 29 anos, polo que hai unha forte presenza de ficción. A maioría dos programas son estranxeiros, e entre eles destacan series británicas (The Inbetweeners, Misfits), estadounidenses, animación xaponesa (Bleach, Death Note, One Piece, Nana) e ata ciclos de cine. As series están dobradas ao catalán, lingua preferente das emisións, aínda que tamén poden verse no seu idioma orixinal ou con subtítulos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.