Coordenadas: 43°17′18″N 2°59′27″O / 43.288236, -2.990733

O Bizkaia Arena é un pavillón multiúsos situado no complexo Bilbao Exhibition Centre, en Barakaldo, Biscaia (Euskadi). É o maior pavillón de usos múltiples en España, xa que pode albergar até 26.000 persoas,[3] 18.640 para a maioría dos deportes de interior. Forma parte do Complexo Bilbao Exhibition Centre (BEC), a Feira de Mostras de Bilbao.

Bizkaia Arena
Bilbao Exhibition Centre
Datos
LocalizaciónBarakaldo, Biscaia
Construción
Inauguración2004
Estadio
CapacidadeBaloncesto: 15.414 espectadores[1][2]
LocalíaCB Bilbao Berri (2009−2010)
Eventos
Copa do Rei de Baloncesto 2010
Mundial de Baloncesto 2014

Usos editar

O lugar é escenario habitual de partidos de baloncesto, contando cunha capacidade para este deporte de 15.414 espectadores.[1][2] Dende 2009, é o o fogar do Bilbao Basket (en 2007 e 2008, utilizouse en diversas ocasións para os encontros máis atractivos). O pavillón foi sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2010, e unha das sedes do Mundial de Baloncesto 2014. Varios grupos internacionais de música realizaron concertos no Bizkaia Area, incluíndo Bryan Adams (2005), The Who (2006), Bruce Springsteen (2007), AC/DC (Black Ice World Tour, 2009), Leonard Cohen (2009), Jonas Brothers (2009), Rammstein (2009) ou Chuck Berry. O recinto tamén foi utilizado para outro tipo de espectáculos como ópera,, discursos políticos e reunións relixiosas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar