Baltasar Porcel
Baltasar Porcel i Pujol, nado en Andratx, Mallorca, en 1937 e finado en Barcelona o 1 de xullo de 2009, foi un escritor, periodista e crítico literario balear, considerado o novelista máis importante das letras catalás da segunda metade do século XX.[1]
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1937 Andratx, España (en) |
Morte | 1 de xullo de 2009 (72 anos) Barcelona (España) |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Lugar de sepultura | Andratx (en) |
Director European Institute of the Mediterranean (en) | |
1989 – 2000 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , dramaturgo , escritor , crítico literario |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Premios
| |
Lista
|
Traxectoria editar
Naceu o 14 de marzo de 1937 na localidade de Andratx (Mallorca), situada na comarca mallorquina de Serra de Tramuntana.
Como escritor publicou unha extensa obra en catalán en todos os xéneros, que se traduciron ao castelán, inglés, francés, italiano, alemán e vietnamita.
Como periodista, colaborou en diversos medios: La Vanguardia, Última Hora e Catalunya Ràdio. Presidiu o Institut Català de la Mediterrània até o ano 2000, organismo fundado por el a instancias da Generalitat de Cataluña. No 2002 obtivo o Premio Nacional de Literatura de Cataluña e no 2007 o Premio de Honra das Letras Catalás, entre outros premios.
Dende 1989 até a súa morte foi o presidente do xurado do Premio Internacional Catalunya. Morre o 1 de xullo de 2009 en Barcelona, con 72 anos, a consecuencia dun tumor cerebral do que se operara tres anos antes.[2]
Obras editar
Novela editar
Prosa non de ficción editar
Entrevistas editar
Retratos literarios editarLibros de viaxes editar |
Narrativa breve editar
Teatro editarObras completas editarTeatro representado editar
Guións de ficción difundidos editar
Obra escrita orixinalmente noutras linguas editar |
Notas editar
- ↑ Adéu, mestre Arquivado 04 de xullo de 2009 en Wayback Machine.(en catalán)
- ↑ Mor l'escriptor Baltasar Porcel als 72 anys, www.3cat24.cat, 1 de xullo 2009. (en catalán)