Aksai Chin

rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India

Aksai Chin (en hindi अक्साई चिन; en chinés simplificado 阿克赛钦, pinyin: Ākèsàiqīn) é unha rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India. Administrada pola China, pero reclamada pola India. Aksai Chin é unha das dúas áreas fronteirizas disputadas entre a India e a China, a outra é Arunachal Pradesh. A rexión é case completamente desértica, malia iso ten unha importante posición estratéxica, xa que é vital para a comunicación terrestre do Tíbet con Xinkiang, logo da guerra sino-india de 1962 a China ocupou o territorio. Os dous adversarios aceptaron respectar a liña de control e o conflito considérase de baixa intensidade.

Modelo:Xeografía políticaAksai Chin
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 35°N 79°L / 35, 79Coordenadas: 35°N 79°L / 35, 79
Territorio reivindicado porIndia Editar o valor em Wikidata
EstadoRepública Popular da China
Rexións autónomas da República Popular da ChinaXinjiang
Prefeituras da República Popular da China (pt) TraducirHotan Prefecture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie37.245 km² Editar o valor em Wikidata

Localización de Aksai Chin
O mapa mostra as reivindicacións indias e chinesas da fronteira na rexión de Aksai Chin, a liña Macartney-MacDonald, a Liña de Asuntos Exteriores, así como o progreso das forzas chinesas ao ocupar áreas durante a guerra entre a China e a India.

Aksai Chin forma parte administrativamente do condado de Hotan, na rexión autónoma de Xinjiang, a India reclama o territorio como parte de Caxemira. A principal vila é Tianshuihai, que conta con 1.600 habitantes.