Ad Tuendam Fidem (en latín: Para protexer a fe) é unha carta apostólica do papa Xoán Paulo II publicada como motu proprio o 18 de maio de 1998.[1] A carta apostólica modificou o Código de Dereito Canónico e o Código dos Canons das Igrexas Orientais en canto ás sancións canónicas por disidencia pública doutrinal por parte de ministros da Igrexa.

Ao mesmo tempo, a Congregación para a Doutrina da Fe publicou unha instrución sobre Ad Tuendam Fidem amosando exemplos do maxisterio ordinario que debe ser aceptado con obsequium religiosum, "asentemento relixioso."

Notas editar

  1. Ad Tuendam Fidem, versión oficial en latín, e traducións ao portugués e ao castelán