Accidente ferroviario do Porriño

accidente ferroviario de 2016

Coordenadas: 42°09′59″N 8°37′20″O / 42.16639, -8.62222

O accidente ferroviario do Porriño de 2016 foi un descarrilamento ferroviario que tivo lugar o 9 de setembro de 2016 no Porriño. O tren cubría o servizo Celta entre Vigo e Porto.

Unidade da serie 592 como a accidentada.

O accidente tivo lugar ás 9:25 da mañá á entrada da estación do Porriño desde Redondela. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrilou e provocou a morte de 4 persoas (o maquinista José Arnaldo Moreira, de nacionalidade portuguesa, o interventor e dous pasaxeiros, un deles de Vigo e outro estadounidense) e 48 feridas.[1][2][3] En total viaxaban no tren 63 persoas.

Tras a recuperación da caixa negra comprobouse que o tren circulaba a 118 km/h nun tramo limitado a 30. Estaba nun tramo recto cando descarrilou, e logo de chocar cuns paus o tren quedou parado contra unha torre de electricidade.

Tras o accidente abriuse unha investigación por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios[4].

Notas editar

  1. "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016. 
  2. "Al menos tres muertos al descarrilar un tren en O Porriño". La Voz de Galicia. 9 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  3. "Tres fallecidos y una veintena de heridos en Porriño al descarrilar el tren que enlaza Vigo y Oporto". Faro de Vigo. Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  4. "El equipo que estudia la tragedia del tren Celta se da aún meses para finalizar un año después". Faro de Vigo. 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.