A Área Paterniani é un territorio considerado por algúns investigadores como a área xeográfica na que puido orixinarse Castela. Encóntrase situado ao norte da provincia de Burgos, na bisbarra das Merindades.

Mapa da Área Paterniani

Aínda que os seus límites exactos son difusos, a maioría de autores coinciden en sinalar que abranguería boa parte da vertente do Ebro das Merindades, con estes límites: Merindad de Sotoscueva, Merindad de Valdeporres e Valle de Manzanedo polo oeste, Valle de Mena polo norte, Orduña e Valdegovía (provincia de Álava) polo leste, e os montes Obarenes ata Castellanos de Bureba polo sur.

Localización editar

Non se conservan documentos que falen dunha localización exacta, polo que as súas fronteiras son difusas e varían segundo o autor.

Teoría de Frei Justo Pérez de Urbel editar

Cerca de Espinosa de los Monteros alzábase xa, dende a época romana, un núcleo de poboación que levaba o nome de Área Paterniani, e que os repoboadores encontrarán máis tarde destruído e desolado, posiblemente polos choques de invasión ou polo abandono dos seus moradores. E alí, entre aqueles montes, que empezan a encherse con rumores de traballo e esperanza, encontran as ruínas dunha antiga vila romana, que quedara deserta e arruinada a consecuencia da invasión. Chamábase Área Paterniani ou Patriniani, e estaba situada entre Pando e Noceto ou Nocedo, ao carón da vía que ía de Amaya a Castrourdiales nas inmediacións do lugar, en que se levantará máis tarde a vila de Espinosa de los Monteros.

Historia editar

Tense constancia da existencia deste territorio grazas á documentación escrita polo abade Vitulo nun mosteiro de Valle de Mena arredor do ano 800.[1]

...et S. Martini, quem sub subbicionem Mene manibus nostris fundavimus ipsam basilicam in civitate de Area Patriniani in territorio Castelle...

Este territorio, a partir do ano 807, foi xa coñecido como parte de Castela.

Fortaleza de Tedeja editar

A teoría de Aniano Cadiñanos, fala de que a área era unha zona defensiva protexida dende unha fortaleza, a de Tedeja, situada en Trespaderne, de cuxo nome podería provir o Patri (paderne). Tedeja = 'Tutela', e o antigo barrio de Trespaderne Paderno = Paternus', situados á entrada do desfiladeiro da Horadada, deben ser considerados como o enclave onde se localizou o castella-castra Paterni (o antigo castro de Paterni), unha das fortalezas erixidas a fins do Imperio romano, e con continuidade en época visigoda, cuxa función era o control e vixilancia dos pobos do norte.

Crese que este foi o primeiro castelo de Castela, pois estudos arqueolóxicos o dataron en finais da época visigoda (século V), aínda que asentado sobre restos anteriores, posiblemente romanos.

Notas editar

  1. "Historia do territorio castelán burgalés". Castela. 1998. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2014.  Arquivado 14 de xuño de 2012 en Wayback Machine.

Bibliografía editar

  • Orígenes de Castilla (una interpretación). Ano 2002. Autor: Aniano Cadiñanos López-Quintana. ISBN 84-89915-17-2