Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎Saúdos
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎IES Mendiño
Liña 64:
 
Ola Calrosfking. Alédome de verte outra vez por aquí colaborando na Galipedia cos teus alumnos. Aínda que ando escaso de tempo se necesitas algún tipo de axuda deixame unha mensaxe. Moitas grazas por seguires colaborando connosco, a túa colaboración foi e é moi importante para este proxecto. Confío en que o exemplo do teu traballo coa Wikipedia en galego na escola sirva de exemplo para outros grupos de alumnos e docentes. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 17:15, 2 decembro 2008 (UTC)
 
== IES Mendiño ==
 
Non te preocupes polo traballo, que para iso nos pagan ;). Chamoume máis a atención a falta de resposta nas mensaxes que lles deixei, o que me fixo pensar máis nunha especie de broma (aquí non podiamos falar de vandalismos) que dunha intención de colaborar na Galipedia. Co que xa sabemos, tódalas miñas dúbidas quedaron resoltas e xa non queda ningún problema pendente. Eu, como non teño nada que ver coa docencia non me vexo facendo canteira, pero claro que é necesaria, así que se quedan 1 ou 2 por curso podemos estar satisfeitos. Só endagir unha cousa: que lles advirtas que será nas súas páxinas de usuario onde lles digamos qué sobra, qué falta, qué está ben ou qué está mal, así que deben estar atentos a cando reciban unha mensaxe, e que contesten, pregunten ou mesmo discutan o que queiran, que mans para axudarlles atoparán abondo. Un saúdo para todos eles e a miña noraboa para ti. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 15:47, 3 decembro 2008 (UTC)