Xenocidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ang:Folcmorðor
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
A palabra ''xenocidio'' foi creada por [[Raphael Lemkin]], xudeu de [[Polonia]], en [[1944]], das raíces ''genos'' (término [[idioma grego|grego]] que significa familia, tribo ou raza) e ''-cidio'' (do [[latín]] ''-cidere'', forma combinatoria de ''caedere'', matar). Lemkin quería referirse con este termo ás matanzas por motivos raciais, nacionais ou relixiosos. Loitou para que as normas internacionais definisen e prohibisen o xenocidio.
 
O Acordo ou [[Carta de Londres]] do [[8 de agosto]] de [[1945]], que estableceu o Estatuto do [[Xuízos de Nuremberg|Tribunal de Nuremberg]], definiu como "crimes contra a humanidade" os asasinatos e outras agresións contra calquercalquera poboación civil ou as persecucións por motivos políticos, raciais ou relixiosos. En 1946, a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] confirmou os principios de Dereito internacional recoñecidos polo Estatuto do Tribunal e proclamou a resolución 96 (I) sobre o crime de xenocidio, que define como "unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros", entre eles os "raciais, relixiosos ou políticos", instando a tomar as medidas necesarias para a prevención e sanción deste crime.
 
Esta resolución cristalizou na Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 260 A (III), do [[9 de decembro]] de [[1948]], e que entrou en vigor en [[1951]].