Partit Socialista Unificat de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 30:
As tensións xeradas pola política da transición, ademais de diversas caracterizacións sobre política internacional, provocaron tensións internas que acabaron clamorosamente no quinto congreso do PSUC, aínda que xa foran evidentes na III conferencia política (1979), cando chegou o momento da definición do partido e a inclusión ou non do termo [[leninismo]] nos estatutos.
 
== CrisisCrise do quinto congreso, ruptura e decadencia ==
O quinto congreso do PSUC chega logo dun fortísimo debate entre as agrupacións locais e sectoriais, onde hai unha forte crítica do termo "eurocomunismo" por parte das bases e dun certo número de dirixentes. O congreso suprime este termo, pero divide ó partido de xeito profundo en tres sectores, denominados "[[eurocomunismo|eurocomunista]]", "leninista" e "prosoviético". O sector leninista asumirá a secretaría xeral, con [[Francesc Frutos i Gras]], e o prosoviético a presidencia, que corresponde a [[Pere Ardiaca]], fundador do partido en 1936.
 
Estes sucesos fixeron maniobrarmanobrar a [[Santiago Carrillo]], que presionou a [[FranciscoFrancesc Frutos]] para romper cos prosoviéticos. O secretario xeral sofre, por un lado, presións desde de Madrid sobre a participación do PSUC no futuro congreso do PCE, e sobre as relacións do PCE en Cataluña, que se poden ver tocadas. Por outra banda, tanto o sector eurocomunista como o prosoviético traballan a diario de forma fraccional, para preparar un máis que seguro congreso extraordinario de normalización.
 
Unha conferencia nacional e o descobremento do traballo fraccional dos prosoviéticos, coa forte presión de Carrillo, leva ó sector leninista a recularrecuar e pactar cos euros. Os documentos fraccionais levan a sancionar con expulsións e sancións a unha terceira parte do comité central, a corresponente ó sector "pro-soviético". En 1982, os expulsados e os sancionados, logo dun forte traballo de afiliacións, convocarán o seu congreso fundacional.
 
O novo partido arrastra unha parte importante da afiliación, e conseguirá sumar a xente que ía marchar. Despois de todo, nin o PSUC nin o novo [[Partit dels Comunistes de Catalunya]] acadarán logros electorais de importancia. Despois do sexto congreso [[Antoni Gutiérrez Díaz]] asume a secretaría xeral.