Yolanda Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
PepedoCouto (conversa | contribucións)
elimino ó BNG do acordo, xa que nunca participou en tal
Liña 5:
Nas eleccións municipais de 2003, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol, recuperando para a coalición representación no Concello, da que se vira privada no mandado precedente pola crise derivada na ruptura e xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de concelleiro, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.
 
Nas eleccións municipais de 2007, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de [[Ferrol]]. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro concelleiros (Yolanda Díaz, Javier Galán, Miguel Reimúndez e Sari Alabau). Tras formalizar un acordo para un goberno coaligado co [[PSOE]] e o [[BNG]], resultou elixido alcalde o candidato socialista [[Vicente Irisarri]], con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.
 
O 28 de outubro de 2008 o goberno de coalición racha, permañecendo Irisarri como rexedor nun goberno en minoría canda o PSdeG-PSOE e pasando EU-IU á oposición. Yolanda Díaz mantense como voceira da súa formación.