Meiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
+foto
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 6:
A meiga rivaliza en popularidade coa propia [[Santa Compaña]], e achégase bastante á figura da [[curandeira]] dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de ''eu non creo nas meigas, mais habelas hainas''.
 
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes:
==Galería de imaxes==
<gallery>
Imaxe:Meiga gallega.jpg|Meiga galega
 
*'''Meigas-chuchonas''': Son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para ser empregados na confeccion de pomadas.
</gallery>
 
*'''Asumcordas''' ou bruxas da rúa: Espreitan á xente e vixián quen entra e sae da casa.
 
*'''Marimanta''': É a meiga do saco, rouba raparigos e os fai desaparecer.
 
*'''Feiticeira''': Viven preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
 
*'''Lavandeira:''' Esta meiga sorprende ao camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo dise, dun mal parto.
 
Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.
 
*'''Lobismuller''' : Teñen que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia no que tódolos fillos son mulleres.
 
*'''Vedoira''': É esvelta e agradable no trato. Posúe facultades adivinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda penan no Purgatorio.
 
*'''Cartuxeira''': Son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.
*'''Agoreira''': Estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
 
*'''Dama de castro''': Estas meigas viven baixo [[castro]]s milenarios ou baixo terra nun [[castelo]] de cristal, levan sempre un longo vestido branco de cola e sempre atenden a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna ningún tipo de favor serven para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.
 
[[Categoría:Mitoloxía galega]]