Bülent Ecevit: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Bülent Ecevit''', nado como '''como Mustafa Bülent Ecevit''' ([[Istambul]] [[1925]] - [[Ancara]] [[2006]] ) é un escritor, xornalista e político [[Turquía|turco]].<br>
Estudou nun colexio dunha misión protestante norteamericana, e na universidade estudou [[sánscrito]], [[bengalí]] e [[Lingua inglesa|inglés]] e traduciu libros de [[Rabindranath Tagore]], [[T. S. Eliot]] e [[Bernard Lewis]] ao turco. En 1946 pasou a traballar na oficina de prensa do goberno turco en [[Londres]] e a partir de 1950, xa en [[Ancara]], nos xornais ''Halkçi'' e ''Ulus'', este último o órgano do [[Partido Popular Republicano]] (CHP), o partido polo que en 1957 accedeu ao parlamento e do que en 1959 entrou no seu Comité Central, representando aos sectores da esquerda do partido. Foi ministro de traballo entre 1961 e 1965, lexislou para recoñecer o dereito de folga. Secretario Xeral do CHP entre 1966 e 1971 e presidente en 1972. <br>
En 1974 converteuse en primeiro ministro dun goberno en coalición co [[Partido de Salvación Nacional]] de [[Necmettin Erbakan]], anmistía os presos políticos e o [[20 de xullo]] de 1974 de ordenou a intervención militar en [[Chipre]] logo de que se producise un golpe de estado dos partidarios da unión con [[Grecia]], o que levou á división da illa e a aparición da [[Republica Turca de Chipre do Norte]]. O [[18 de setembro]] 1974 dimitiu coa pretensión de que se celebrase eleccións que lle permitisen gobernar en solitario, pero [[Süleyman Demirel]], do [[Partido da Xustiza]], conseguiu artellar un goberno polo que o CHP pasou á oposición. Ecevit foi primeiro ministro en dous breves períodos posteriores: entre o [[21 de xuño]] e o [[11 de xullo]] de [[1977]] e do [[5 de xaneiro]] de [[1978]] ao [[12 de noviembro]] de [[1979]].<br>