Augusto González Besada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
Xas (conversa | contribucións)
Liña 8:
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]] comezou a súa carreira política obtendo acta de deputado no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]], polo distrito de [[Comarca do Salnés|Cambados]], en 1899; escano que volvería obter nas eleccións de 1901, 1903 e 1905. Tras obter nos seguintes procesos electorais escanos polas circunscricións de [[Cádiz]] (1907), [[Almería]] (1910) e [[Alacante]] (1914), finalizaría a súa carreira como deputado representando a [[Lugo]] ao obter a acta correspondente nas eleccións celebradas entre 1916 e 1919.
 
Tras ser, en 1902, subsecretario de [[Ministerio de Economía e Facenda de España|Facenda]] será nomeado, entre o [[20 de xullo]] e o [[5 de decembro]] de [[1903]], ministro de Facenda por [[Raimundo Fernández Villaverde|Fernández Villaverde]] converténdose no Ministro de Facenda máis novo da [[Restauración borbónica en España]]. Esta mesma carteira ministerial desempeñaríaa noutras dúas ocasións: entre o [[14 de setembro]] de [[1908]] e o [[21 de outubro]] de [[1909]] en senllos gabinetes [[Antonio Maura e Montaner|Maura]]. Tamén foi ministro de Gobernación entre o [[27 de xaneiro]] e o [[23 de xuño]] de [[1905]] con Fernández Villaverde, e ministro de Fomento entre o [[25 de xaneiro]] de [[1907]] e o [[14 de setembro]] de [[1908]] con Maura.
 
Ademais, actuou como un dos portavoces da oposición conservadora que rexeitou a lei de Substitución dos [[Imposto de Consumos|Consumos]] urdida por [[José Canalejas]] e [[Rodrigáñez]], e anunciou o bloqueo unha vez os conservadores volvesen ao goberno, como así ocorreu. Foi presidente do Congreso (1914), dos Consellos de Estado, Instrución Pública e Fomento e a Xunta Central de Colonización. En [[1915]], Maura propúxoo como membro da [[Real Academia Española]]. Tamén foi membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas, e da de Xurisprudencia chegou a ser presidente.