Juan Durán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Homoxeneizando inclusións de {{Ligazóns internas}}
arranxiños e ligazóns internas
Liña 1:
'''Juan Durán''' é un compositor e profesor de música galego.
{{Ligazóns internas}}
 
Foi profesor numerario do [[Conservatorio Superior de Música da Coruña]] (1987-1997), no que desenvolveu os cargos de Xefe de Estudos e Director. Desde 1997 a 2005 foi Asesor-técnico de Ensinanzas Artísticas da [[Consellería de Educación e Ordenación Universitaria|Consellería de Educación]] da [[Xunta de Galicia]]. No 2006 exerceu o cargo de Xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial. Na actualidade, pertence ao Corpo de Inspectores de Educación, na especialidade de Ensinanzas Artísticas, e desempeña o cargo de Subdirector Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.
 
Desenvolveu unha certa actividade como instrumentista de [[piano]], no campo do acompañamento e a música de cámara. Pero a súa verdadeira dimensión atópase na creación musical. Socio fundador da [[Asociación Galega de Compositores]], é autor de case un centenar de obras. Cultiva preferentemente o xénero liederístico e a música de cámara.
 
A súa produción camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos, etc. Polo que se refire á música escénica é autor dunha ópera (''O arame'' con texto orixinal de [[Manuel Lourenzo]]), dúas cantatas e unha importante produción de lieder con gran variedade de poetas e estilos, que inclúen cancións en [[lingua castelá|castelán]], [[lingua galega|galego]], [[lingua portuguesa|portugués]], [[lingua italiana|italiano]] e [[lingua francesa|francés]]. Atende tamén a produción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: ''Album de Orquesta'' (Premio de Composición outorgado pola [[Universidade Carlos III]] de Madrid), ''O xardín de Margarita'', ''O Señor Biscuit'', etc.
 
Recibiu encargos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (''Longa noite de pedra'', cantata para barítono, coro e orquestra), Concello de Ferrol (''Juegos tímbricos'' para quinteto de metais), [[Orquestra Sinfónica de Galicia]] (''Cantiga Finisterrae'' para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de [[Miguel Anxo Fernán-Vello]]), Festival Mozart (''felizcumpleañosmozart.com''), a [[Real Filharmonía de Galicia]] (''Divertimento''), etc.
 
O seu compromiso coa música galega maniféstase, tamén, en traballos de recuperación do patrimonio histórico, como orquestracións de obras de [[Juan Montes]], [[Juan José Castro]] “Chané” ou [[Marcial del Adalid]], de quen reconstruiu a súa ópera ''Inés e Bianca'', por encargo do [[IGAEM|Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais]].
 
A case totalidade da súa produción está editada por “VISO Editorial”. Existen tamén obras súas en “Arte Tripharia”, “Real Musical”, “Dinsic”, etc. Pódense atopar rexistros da súa música en RNE e en varios CDs con intérpretes como [[Albert Nieto]], [[Joaquín Pixán]], [[Alejandro Zabala]], [[Marina Shamagian]], [[Carlos Casado]], [[Tatiana Prejvalskaya ]] ou [[Antoni Ros Marbá-Marbà]].
 
[[Categoría:Personalidades da música|Durán]]