Tajumulco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 23:
O '''Tajumulco''' é un [[estratovolcán]] que con 4.220 metros sobre o nivel do mar é a montaña máis alta de [[Guatemala]] e aínda de toda [[América Central]], incluíndo aas illas caribeñas.
 
== Situación ==
O Tajumulco érguese no [[departamento de San Marcos]], no concello de [[Tajumulco, concello|Tajumulco]], no suroeste de Guatemala. Forma parte da cadea da [[Serra Madre de Chiapas]], que se prolonga desde [[México]], país do que dista unhas decenas de quilómetros.
 
O contorno ambiental do volcán é tropical, e as terras cercanas son de grande fertilidade. Bosques de [[piñeiro]]s arrodean a base.
 
== Características ==
O volcán posúe dúas cimas, das cales a máis elevada atinxe os 4.220 metros. O [[cráter]] ten un diámetro aproximado de máis de 50 metros.
 
== Actividade ==
Aínda que se ten falado de erupcións do Tajumulco durante o século XIX, o certo é que non hai rexistros documentares qu o verifiquen. Porén en outubro de 1765 rexistráronse tremores e casas dun asentamento foron destruídas, a consecuencia dunha avalancha de rochas
 
== Ascensión ==
É unha montaña doada de escalar. O punt de partida soe situarse en [[San Marcos, Guatemala|San Marcos]]. Desde o seu cume poden contemplarse o [[Océano Pacífico]], máis próximo, e o [[Océano Atlántico]].