La aldea gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 3:
Foi publicada orixinariamente en [[Cádiz]] no ano [[1914]], na imprenta de Manuel Álvarez, e reeditada en Galicia en [[1982]], por Carlos García Martínez.
 
== A obra ==
Esta publicación é probablemente un dos primeiros estudos antropolóxicos de campo realizados en [[Galicia]] aplicando unha metodoloxía exhaustiva e cinguíndose a un ámbito xeográfico concreto, o partido xudicial de [[Viana do Bolo]], daquela integrado polos concellos de [[Viana do Bolo|Viana]], [[O Bolo]], [[A Gudiña]], [[A Mezquita]] e [[Vilariño de Conso]]. Polas mesmas datas (1913-1914) [[Vicente Risco|Risco]] publicara un pequeno traballo etnográfico sobre [[Castro Caldelas]] e non foi ata a década de 1930 cando o [[Seminario de Estudos Galegos]] comezou a elaborar monografías etnográficas completas sobre [[Calvos de Randín]] ([[1930]]), [[Melide]] ([[1933]]) ou [[Velle, Ourense|Velle]] ([[1936]]).
 
Liña 21:
O libro describe a vida do concello de [[Viana do Bolo]] en [[Galicia]] e está escrito, xa en Cádiz, a partir dos datos recollidos naqueles seis anos.
 
== Curiosidades ==
* Estivo varios anos sen ser publicada porque o tema non resultaba interesante para os editores da época.
* Hoxe unha rúa vianesa leva o seu nome.
 
== Bibliografía ==
*''La aldea gallega (Estudio de derecho consuetudinario y economía popular)''. Edicións Xerais de Galicia S.A., Vigo 1982.