Diferenzas entre revisións de «Partido Republicano Radical Socialista»

m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
(ligazón)
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
O '''Partido Republicano Radical Socialista''' ('''PRRS'''), máis coñecido como '''Partido Radical Socialista''' foi un partido republicano xurdido en [[España]] en [[1929]] froito da escisión da tendencia de esquerdas do [[Partido Republicano Radical]]. Os principais líderes deste novo partido foron [[Marcelino Domingo]], [[Álvaro de Albornoz]] e [[Félix Gordón de Ordás]]. O partido acadou un importante éxito nas eleccións de 1931, con 54 escanos. Nas eleccións de 1933 só obtivo cinco. A ideoloxía era republicana de esquerdas, defensora dun estado laico, fondamente anticlerical; reformista en aspectos fiscais, agrarios e do exército. O PRRS participou nos gobernos de esquerdas do Primeiro Bienio (1931-1933) so o liderado de [[Manuel Azaña]], que incluía a republicanos de esquerda e a socialistas. Álvaro de Albornoz foi un dos principais ideólogos da lexislación laica da [[II República]] desde o seu posto de ministro de Xustiza. O Partido Republicano Radical Socialista viuse afectado por numerosas crises ao longo da súa existencia. En 1932, [[Botella Asensi]] marchou do PRRS para fundar [[Izquierda Radical-Socialista]] (IRS). Ao ano seguinte, profundas discrepancias sobre a colaboración cos socialistas no seo do goberno abriron unha grave fenda no seo do partido, os sectores máis á esquerda, liderados por Marcelino Domingo e Álvaro de Albornoz, partidarios de manter a coalición co PSOE, enfrontáronse ao sector máis á dereita, encabezado por Félix Gordón de Ordás, defensor do achegamento ao Partido Radical de [[Alejandro Lerroux]] e que habería de confluír coa Izquierda Radical-Socialista e unha escisión da esquerda do Partido Radical na [[Unión Republicana]]. A finais dese ano, o sector progresista abandonou o partido para fundar o [[Partido Republicano Radical Socialista Independiente]], que se fusionaría con [[Acción Republicana]] e a [[Organización Republicana Gallega Autónoma]] para dar lugar a [[Izquierda Republicana]], o [[3 de abril]] de [[1934]].
 
== Ver tamén ==
*[[Partido Republicano Radical Socialista en Galicia]]
[[Categoría:Partidos políticos de España]]
67.216

edicións