Aníbal Otero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 1:
'''Aníbal Otero Álvarez''' (Barcia, [[Ribeira de Piquín]], [[Lugo]], [[21 de xaneiro]] de [[1911]]- [[11 de marzo]] de [[1974]]) foi un lingüísta e escritor galego.
 
== Biografía ==
 
Estudou Filosofía e Letras en [[Madrid]], especializándose en [[Fonética]] sob a guía de [[Tomás Navarro Tomás]]. Participou, desde antes de rematar a carreira, na elaboración no [[Atlas Lingüístico da Península Ibérica]] (ALPI) que supervisaba [[Ramón Menéndez Pidal]] e dirixía o seu mestre Navarro Tomás, realizando investigacións lingüísticas na Galiza e máis no norte de [[Portugal]]. Na [[Galiza]] levou el só os inquéritos en 45 dos 53 puntos propostos para investigar<ref>Alonso Montero, Na morte de Aníbal Otero</ref>. No norte de [[Portugal]] onde estaba a completar os inquéritos, sorprendeuno a sublevación militar do [[1936|36]]. Foi entregado ás autoridades españolas o [[5 de agosto]] de [[1936]] e acusado de espionaxe, ao parecer por se lle descubriren cadernos de enquisas do ALPI con transcricións fonéticas (aparte de viaxar en coche oficial da República española). Foi condenado a morte e amnistiado, pero permaneceu na cadea, en [[Burgos]], ata o [[22 de maio]] de [[1941]], data na que se lle outorgou a liberdade condicional.
Liña 13:
Malia ser proposto para entrar na [[Real Academia Galega]] e ser esta suxestión votada a favor en [[1964]], non chegou a tomar posesión como académico.
 
== Obra publicada ==
=== Libros de lingüística ===
* ''Contribución al diccionario gallego''. Vigo. Galaxia. 1967.
Liña 27:
* En colaboración: Sanchís Guarner, M.; Rodríguez Castellano, L.; Otero Álvarez, A.; Cintra, L.F. Lindley, ''El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI): Trabajos, problemas y métodos'', in Actas do IX Congresso Internacional de Linguística Românica, vol III. Lisboa. 1962, páxs. 113-120.
 
=== Novela ===
* ''Esmoriz''. 1994 (publicación póstuma).
 
== Bibliografía ==
* Alonso Montero, Xesús, ''Na morte de Aníbal Otero'', in Faro de Vigo, 23-VI-1974, reproducido in ''Língua, literatura e sociedade en Galicia: 25 anos de Filoloxía galega, 1951-1976''. Madrid. Akal. 1977, páxs.107-110.
* Santamarina, Antón, ''Aníbal Otero (1911-1974)'', in Verba. Anuario gallego de Filología, vol. nº 2. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 1974, páxs. 7-12.
 
== Notas ==
<references />