Bonito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: ca, de, en, fr, it, ja, nl, tr, zh
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos e fotografías
Liña 1:
[[Imaxe:Sarda sarda.jpg|thumb|300px|Bonito, exemplar adulto <ref>Autor do debuxo: Sherman Foote Denton, en ''State of New York Annual Report of the Commissioners of Fisheries, Game, and Forests (1895-1906)''.</ref>]]
{{en uso}}
[[Imaxe:Bonito photo.jpg|thumb|300px|Exemplar xuvenil. Nótese a diferenza de cor respecto ó exemplar adulto.]]
O '''bonito''' (''Sarda sarda'') é un [[peixe]] mariño, de gran interese pesqueiro e gastronómico. É de carne rica en graxa (dos chamados [[peixe azul|peixes azuis]]). Recibe ás veces tamén a denominación de ''bonito atlántico'' ou ''bonito do sur'', para diferencialo do [[bonito do norte]] (''Thunnus alalunga''), moi semellante e máis apreciado, gastronómica e economicamente.
 
==Descrición==
Presenta un corpo fusiforme, esvelto (o [[atún]] teno máis macizo). APode coralcanzar damedidas rexiónde dorsal70-90 écm azul(cun prateadamáximo oude azul91 verdosacm), enaínda calquera caso moi escura, esvaecéndose caraque o ventre, quehabitual é prateadoque verdoso.non Resultasobrepasen característicaos a50 presenzacm. aOs ámbolospesos ladosmedios doadoitan lombo,estar porentre riba1 dae liña3 lateralkg, de 7-12 bandas lonxitudinais oblicuas, claramente máis escuras. Nos exemplares máis novospero poden apreciarsechegar taménós unhas8 raiaskg escuras(peso quemáximo, descenden11 desde o lombo cruzándose con aquelaskg).
 
A cor da rexión dorsal é azul prateada ou azul verdosa, en calquera caso moi escura, esvaecéndose cara o ventre, que é prateado verdoso. Resulta característica a presenza a ámbolos lados do lombo, por riba da liña lateral, de 7-12 bandas lonxitudinais oblicuas, case lonxitudinais, claramente máis escuras. Nos exemplares máis novos o debuxo característico consiste nunhas franxas escuras que descenden desde o lombo cruzándose con aquelas.
Pode alcanzar medidas de 90-100 cm, aínda que o habitual é que non sobrepasen os 50 cm. Os pesos medios adoitan estar entre 1 e 3 kg, pero poden chegar ós 8 kg.
 
A primeira aleta dorsal é longa, con 20-23 raios espiñosos, e as aletas pectorais son moi curtas.
 
A boca é grande, con numerosos dentes cónicos. Ollos relativamente grandes. Presenta pequenas escamas, agás na zona pectoral. Non posúe vexiga natatoria.
 
==Ecoloxía==
Como o resto dos [[túnido]]s, é unha especie peláxica, gregaria e de alimentación carnívora, sendo predador doutros peixes como [[sardiña]]s, [[xarda]]s ou [[xurel]]os. Cando van perseguindo os bancos de peixes adoitan saltar fóra da superficie da auga.
 
Habita todo o [[océano Atlántico]], na franxa comprendida entre os paralelos 55º norte e 45º sur, alcanzando as [[Illas Británicas]] e incluíndo o [[Mediterráneo]]. A desova prodúcese xa en xuño, en augas costeiras e cálidas. Unha vez realizada, os bancos divídense en grupos máis pequenos que regresan a alta mar espallándose por todo o Atlántico.
 
==Especies semellantes==
[[Image:Sarda australis (Australian Bonito).gif|thumb|300px|Bonito austral (''Sarda australis'')]]
Á parte da semellanza que xa se mencionou co ''[[bonito do norte]]'', outras especies de bonito de interese comercial son as seguintes:
* ''Sarda australis'': bonito austral ou bonito raiado de [[Australia]]. Habita unicamente nos mares de Oceanía. Presenta bandas horizontais escuras no dorso e máis finas no ventre.
* ''Sarda chilensis'': bonito do Pacífico, bonito de California. Presenta bandas verticais escuras.
* ''Sarda orientalis'': bonito mono, propio dos océanos [[océano Pacífico|Pacífico]] e [[océano Índico|Índico]].
 
==Ecoloxía==
Como o resto dos [[túnido]]s, é unha especie peláxica e de alimentación carnívora, sendo predador doutros peixes como [[sardiña]]s ou [[xurel]]os.
 
==Aproveitamento pesqueiro==
As poboacións de bonitos achéganse á costa no momento da reprodución, entre xuño e xullo. Este fenómeno é aproveitado polos pescadores para a súa captura, nas chamadas ''costeiras do bonito'', mediante artes de palangre ou de arrastre.
 
==O bonito na alimentación==
: ''Véxase artigo principal: '''[[Túnido]]s'''''.
A súa carne dos bonitos adoita ser máis clara que a doutras especies e o seu contido graxo é bastante máis baixo (da orde do 6%). En consecuencia, as calorías que achega á dieta tamén son moito menores: 138 calorías por 100 gramos.
 
==Notas==
Liña 32 ⟶ 36:
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* MARCH, Lourdes (1993): ''La cesta de la compra''. Alianza Editorial, Madrid.
* MUUS, B.J. e DAHLSTRÖM, P. (1981): ''Guía de los peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo''. Ediciones Omega S.A., Barcelona.
* PIVNICKA, Karel e CERNY. Karel (1990): ''El gran libro de los peces''. Susaeta Ediciones, Madrid.
* ZUDAIRE, Maite e YOLDI, Gema (2005): ''Pescados y mariscos''. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia).
 
===Outros artigos===
* [[Bonito do norte]]
*
* [[Túnido]]s
 
===Ligazóns externas===
* [http://pescadosymariscos.consumer.es/bonito Consumer.es]
*
* [http://www.mapa.es/es/pesca/pags/fondopes/ficha_esp.asp?id=54 Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural e Mariño]
 
 
[[Categoría:Túnidos]]