San Martiño de Porto, Cabanas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
aumentado desde es:San Martiño do Porto
Liña 1:
'''San Martiño de Porto''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Cabanas]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 1.080 habitantes (544 homes e 536 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1.062 habitantes.
 
É a parroquia máis poboada do concello. Está composta polos lugares do Batán, Cardeita, O Chao da Aldea, A Costa, A Lousada, As Modias, O Piñeiro, O Pudrical, O Rego, Sobre da Riba, A Torre, O Val e O Vinteún.
 
A igrexa parroquial data de 1788. Foi mandada edificar polo [[Lista de arcebispos de Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago]] [[Bartolomé Rajoy y Losada]]. Ten pranta rectangular e dentro conta con algunhas obras neoclásicas. No frontón hai unha representación de [[San Martiño]].
 
Outras obras importantes son a capela do Bo Xesús e o Pazo de Fraián.
 
 
[[Categoría:Cabanas]]