Corricán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Lameiro (conversa | contribucións)
máis datos
Liña 3:
Cada liña consta dun sedal forte, xa que os peixes que se van capturar adoitan ser de gran tamaño, que remata nun aramio ou placa de latón no que se empata o anzol. Dado que os atúns son peixes que se moven en augas relativamente superficiais, o anzol vai lastrado cun chumbo que o mantén á profundidade adecuada.
 
Os barcos que se dedican a este tipo de pesca están adaptados para poder multiplica-lo número de curricáns cos que traballar. Polo interior das bordas levan uns madeiros, moletas, con fendeduras nas que se colocan as canas ou varas, de 13 a 17 m de longo. As varas máis próximas á proa do barco , as raposas, son máis curtas, duns 4 m. Cada vara leva ó longo 3 ou 4 roldanas (motóns), e unhas argolas metálicas para mete-la corda ou liña, de aramio. Así, de cada vara penden 3 ou 4 aparellos de lonxitude variable segundo o lugar da vara na que estean: ó do cabo chámase penol e é o máis longo (ata 60 metros), ó seguinte chámase segunda, ó terceiro é a amura e o cuarto, máis próximo á queborda, é o sanxoaniño, o máis curto se empatanben chega a ter 25 metros. Ó final, a cada sedal empátanse normalmente dous anzois.
 
Cando o engado é artificial consiste nunha culler protexida ou rodeada de trapos ou cordas plásticas de diferentes cores (vermello ou verde, habitualmente). Antes utilizábanse a tal fin as follas internas da mazaroca de millo (o cosco<ref>Tamén chamado carroucha, cosca, folillo, poma ou pubela, e que tamén se utilizaba para enche-los colchóns.</ref>, esfiañadas.
 
Para face-lo lance, co barco en marcha sobre o banco de peixe, van lanzándose pola popa á mar os corricáns cos seus anzois xa cebados, de tal xeito que todos van máis ou menos nunha liña perpendicular á marcha do barco. Os mariñeiros van tocando os extremos das liñas ó longo das bordas para comprobar, pola tensión que collen, se picou o peixe. Cando é así halan da liña e suben o peixe a bordo, e volven botala ó mar.
 
A pesca do atún ou do bonito faise por mareas de 5 días ou máis, durante os que van cargando as capturas nas bodegas refrixeradas. Finalmente regresan a porto, baleiran a carga e volven zarpar.
Cando o engado é artificial consiste nunha culler protexida ou rodeada de trapos ou cordas plásticas de diferentes cores (vermello ou verde, habitualmente). Antes utilizábanse a tal fin as follas internas da mazaroca de millo (o cosco<ref>Tamén chamado carroucha, cosca, folillo, poma ou pubela, e que tamén se utilizaba para enche-los colchóns.</ref>, esfiañadas.
 
[[Categoría:Artes de pesca]]