Abelardo Moralejo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*En construción
 
algúns arranxos iniciais
Liña 1:
'''Abelardo Moralejo Laso''' (nado en [[Argujillo]], [[Provincia de Zamora|Zamora]], o [[28 de xaneiro]] de [[1898-]] e falecido o [[10 de abril]] de [[1983)]], en [[Santiago de Compostela]], foi un latinista e lingüístalingüista, español e galego de adopción, que destacou, entre outros aspectos, no estudo da [[toponimia]] galega.
 
== Biografía ==
Naceu en [[Argujillo]], [[Provincia de Zamora|Zamora]], o [[28 de xaneiro]] de [[1898]]. Estudou o bacharelato en [[Zamora]], ingresandoe ingresou logo na [[Universidade de Salamanca]], na queonde iniciou estudos na facultade de [[Filosofía e Letras]], na queonde tivo como profesor a [[Miguel de Unamuno]] e onde obtivo a licenciatura en [[1921]]. Pasou entón á [[Universidade Central]] de [[Madrid]] para realizar o doutoramento, á vez que ampliaba estudos e colaboraba con o [[Centro de Estudios Históricos]] que dirixía [[Ramón Menéndez Pidal]]. Durante certo tempo foi incorporado ao exército, servindo durante o período da [[Guerra de Marrocos]]. En [[1926]] presentou a tese doutoral, dirixida polo profesor e académico Julio Cejador, que versaba sobre as oclusivas sonoras aspiradas do latín. Nese mesmo ano opositou a cátedras universitarias de latín, obtendo a correspondente á [[Universidade de Santiago de Compostela]], da que tomou posesión a comezos de [[1927]].
 
O profesor Moralejo estivo durante o resto da súa vida laboral á cargo desa cátedra. A súa condición de profesor numerario residente, en anos nos que era corrente usar o posto en Santiago como trampolín para optar a outros destinos, fixo que estivese case sempre en cargos directivos, como decano ou secretario da facultade de Filosofía e Letras, ou ben noutros cargos directivos da universidade. Outras carencias, como a de profesorado especializado, levárono a impartir clases de materias que estaban nos programas de estudios, pero que non eran da súa especialidade, aínda que as coñecese ben, como podía ser lingua árabe. Todo isto, sen dúbida, dispersouno laboralmente e impedíulle unha maior dedicación investigadora, o que dadas as súas cualidades académicas ha que lamentar, especialmente para o galego, nun período no que a formación dos que se dedicaban á lingüística galega soía ser un tanto deficiente.
 
Moralejo Laso xubilouse no ano 1968, aínda que, precisamente, publicou a partir dese momento con maior frecuencia. Home afábel, cualidade que os seus biógrafos soen resaltar, non dubidaba en enviar correspondencia ante o máis mínimo atisbo de lingüísta novel que notase en xornais ou revistas, por carentes de difusión que fosen, pois apañábase para descubrir calquer artigo que tratase sobre tales materias. Faleceu, algo despois dunha infausta caída, o [[10 de abril]] de [[1983]], en [[Santiago de Compostela]]. Foi pai dunha esplendorosa pleiade de profesores e investigadores universitarios, en diversos campos: os Moralejo Álvarez.
 
O campo de investigación de Abelardo Moralejo era a lingüística, mais dentro dela os seus estudos ramifícanse, grosso modo, entre a lingüística clásica e a romance, e dentro desta cómpre destacar o desenrolo do estudo da investigación da toponimia galega e leonesa, as súas terras queridas. Pero os seus traballos poden espallarse a outros campos: indoeuropeo, literatura, o mundo xacobeo, traduciónas, etc.
Liña 16:
* ''El libro en la antigua Roma'', in Boletín de la Universidad de Santiago, nº 30. 1940, páxs. 61-76.
* ''Los nombres del agua y del fuego en las lenguas indoeuropeas'', in rev. Comunicaciones Germanas, 1, 1979.