Inocencio IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: tl:Inocencio IV
aumentado desde es:Inocencio IV
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-XIII}} [[Categoría:Papas]]
[[Imaxe:C_o_a_Innocenzo_IV.jpg|120px|left]]
'''Inocencio IV''' (nado en [[Xénova]] hacia o 1185 e falecido en [[Nápoles]] o 7 de decembro de 1254) foi o [[Papa]] nº 180 da [[igrexa católica]].
 
De nome '''Sinibaldo Fieschi''', foi o último representante da [[teocracia]] pontificia. Formouse en [[Parma]] e [[Bolonia]], sendo profesor de [[dereito canónico]] nesta última cidade. O 23 de setembro de 1227 foi nomeado cardeal-párroco de San Lourenzo en [[Lucina]]; o 28 de xullo de 1228, vice-chanceler de [[Roma]]; en 1235 [[bispo]] de [[Albenga]] e legado no norte da [[península itálica]]. Foi elexido Papa o 25 de xuño de 1243, tras máis de ano e medio coa sede vacante trala morte de [[Celestino IV]].
 
Con ocasión da celebración do [[cónclave]] para elexilo Papa, [[Federico II]] controlaba os arredores de Roma, sendo ''de facto'' quen dominaba os [[Estados Pontificios]]. Con esta situación pretendeu controlar a elección papal, ó que a maioría dos cardeais se opuxo. Elexido Inocencio IV, Federico II enviou emisarios para acodar a paz. Federico II fora proscrito por [[Gregorio IX]] e buscaba a toda costa un acordo coa Igrexa, pero sen renunciar ó seu poder e influencia nas decisións eclesiásticas. Pola súa parte, Inocencio era un home convencido de que o poder da Igrexa, e en concreto da figura papal, debía estar por riba dos gobernantes e os reis.
[[Imaxe:Innocent IV - Council of Lyon - 002r detail.jpg|left|200px|thumb]]
Nesta situación, Inocencio esixiu de Federico o recoñecemento do dano que causara á Igrexa. Finalmente chegaron a un acordo o 31 de marzo de 1244. Nel restituínase á Igrexa as súas posesións, especialmente os Estados pontificios, e liberábase ós prelados favorables ó Papa que mantiña presos o emperador. Aínda que firmara a paz con el mercede á mediación do rei de [[Francia]], sentiuse incómodo en Italia pola presenza da milicia imperial, e decidiu refuxiarse en [[Lyon]] co apoio dos [[Xénova|xenoveses]]. Convocou o 3 de xaneiro de 1245, nada máis chegar á cidade, o [[Concilio de Lyon I]] pese á oposición do emperador. Sentíndose forte, Inocencio procedeu a realizar novas acusacións durante a celebración do [[concilio]] contra o emperador e terminou por [[excomunión|excomulgalo]] o 17 de xullo por non organizar unha nova [[cruzada]], e dictou a bula ''Agni sponsa nobilis'' para declarar o poder supremo da Igrexa fronte ós gobernantes. Federico organizou tropas para enfrontarse ó papado; Inocencio, pola súa parte, pretendeu organizar unha cruzada contra o propio emperador mobilizando ós príncipes alemáns. Nese camiño pretendeu a elección de [[Henrique Raspe]] e, aínda que foi proclamado emperador o 22 de maio de 1246, nunca foi recoñecido como tal. Ó mesmo tempo provocou o alzamento contra o emperador de moitas cidades do norte de Italia, obtendo a victoria as tropas papais o 26 de maio de 1249.
 
Morto Federico II en 1250, continuou a súa loita contra [[Conrado IV]], fillo e sucesor daquel, propoñendo para os alemáns a [[Guillermo de Holanda]]. Recuperou o [[Reino de Sicilia]] para o papado, ofrecéndoo sucesivamente a [[Ricardo de Cornwall]], irmán de [[Henrique III de Inglaterra]], ó seu fillo [[Edmundo Crouchback|Edmundo o Xorobado]] e a [[Carlos de Anjou]]. Todos o rexeitaron, mentras Conrado IV e [[Manfredo]] (bastardo de Federico II) controlaban pola forza das armas [[Nápoles]] e [[Sicilia]]. Á morte de Conrado, a posición do seu fillo Conradino era tan precaria que negociou co Papa. Por un tratado firmado en setembro de 1254, [[Apulia]] pasou a ser propiedade papal. O gobernante de Apulia, Manfredo, sospeitou da conducta do pontífice ó visitar a súa nova terra, polo que fuxiu cos sarracenos, que o axudaron a derrotar ás tropas papais en [[Foggia]] o 2 de decembro de 1254. Inocencio, enfermo, faleceu en Nápoles o 7 de decembro, como consecuencia do efecto que a noticia da derrota tivo na súa desastrada saúde.
 
Ademais dos seus enfrontamentos coa dinastía [[Hohenstaufen]], interviu na política de [[Inglaterra]] (protexendo a Henrique III), na de [[Austria]], [[Hungría]] e [[Portugal]].
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a el como ''Comes laurentius'' (O conde de Lourenzo), facendo referencia ó título nobiliario que ostentaba ó ser elexido pontífice, Conde de Lavagne de San Lourenzo.
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.legionhermosillo.com.mx/inocencioIV.html Breve biografía] (en castelán)
*[http://www.enciclopediacatolica.com/i/inocencioIVpapa.htm Biografía da Enciclopedia Católica] (en castelán)
*[http://www.fratefrancesco.org/doc/inoc.iv-assisi.htm Inocencio IV en Asis] crónica de [[Nicolas de Calvi]] (en castelán)
*[http://asv.vatican.va/es/doc/1246.htm Carta do [[Gran Khan Güyük]] ó papa Inocencio IV] (en castelán)
 
[[Categoría:Papas]]
[[ca:Innocenci IV]]
[[cs:Inocenc IV.]]