Bonito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Bonito movida a Bonito do Norte: nome máis acaído: hai máis "bonitos"
 
Lameiro (conversa | contribucións)
bonito (do sur)
Liña 1:
O '''bonito''' (''Sarda sarda'') é un [[peixe]] mariño, de gran interese pesqueiro e gastronómico. É de carne rica en graxa (dos chamados [[peixe azul|peixes azuis]]). Debe diferenciarse do [[bonito do norte]] (''Thunnus alalunga''), moi semellante pero de inferior calidade. Por esta semellanza, aquel recibe ás veces tamén a denominación de ''bonito do sur''.
#REDIRECT [[Bonito do Norte]]
 
==Descrición==
Presenta un corpo fusiforme, esvelto (o [[atún]] teno máis macizo). A cor da rexión dorsal é azul prateada, esvaecéndose cara o ventre, e adoita mostrar unhas bandas lonxitudinais lixeiramente máis escuras. Nos exemplares máis novos poden apreciarse unhas raias escuras que descenden desde o lombo.
 
Pode alcanzar medidas de 90-100 cm, aínda que o habitual é que non sobrepasen os 40-50 cm. Os pesos medios adoitan estar entre 1 e 3 kg, pero poden chegar ós 10 kg.
 
A boca é grande, con numerosos dentes pequenos e cónicos. Ollos relativamente grandes.
 
==Ecoloxía==
Como o resto dos [[túnidos]], é unha especie peláxica e de alimentación carnívora, sendo predador doutros peixes como [[sardiña]]s ou [[xurel]]os.
 
==Especies semellantes==
Á parte da semellanza que xa se mencionou co ''bonito do norte'', outras especies de bonito de interese comercial son as seguintes:
* ''Sarda australis'': bonito austral ou bonito raiado de [[Australia]]. Habita unicamente nos mares de Oceanía. Presenta bandas horizontais escuras no dorso.
* ''Sarda chilensis'': bonito do Pacífico, bonito de California. Presenta bandas verticais escuras.
* ''Sarda orientalis'': bonito mono, propio dos océanos [[océano Pacífico|Pacífico]] e [[océano Índico|Índico]].
 
==O bonito na alimentación==
: ''Véxase artigo principal: '''[[Túnido]]s'''''.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*
===Outros artigos===
*
===Ligazóns externas===
*
 
[[Categoría:Túnidos]]