Filosofía transcendental: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
{{Filosofía en progreso}}
A expresión “filosofía transcendental” usouna por primeira vez o [[Filosofía |filósofo]] alemán [[Immanuel Kant |Manuel Kant]] (1724-1804) para definir a parte da [[metafísica]] especulativa que “considera só o [[entendemento]], e a [[razón]] mesma, nun [[sistema]] de todos os conceptos e principios referidos en xeral a obxectos, sen supoñer obxectos que se dean” (cf. “Arquitectónica da razón pura” en ''Crítica da razón pura''). Así mesmo, tamén empregou o predicado “transcendental” para referirse ó modo de coñecemento propio deste proxecto filosófico: “Chamo transcendental a todo coñecemento que se ocupa en xeral non tanto de obxectos, como do noso modo de coñecer obxectos, en tanto que sexa posible a priori” (cf. “Introducción”, VII en ''Crítica da razón pura''). En consecuencia, o sistema de todos os conceptos obtidos con este método sería a filosofía transcendental. Tales conceptos son “conceptos a priori”, é dicir, anteriores á experiencia e condición de posibilidade dela. Deste xeito Kant apartábase do significado [[Escolástica|escolástico]] do predicado “transcendental”. Os filósofos medievais usaban o termo “transcendental” para designar a universalidade do [[ente]] e das propiedades que lle conveñen en tanto que ente (unum, verum, bonum). Trátaríase dunha universalidade da máxima amplitude que, polo tanto, excedería a universalidade limitada das especies e os xéneros (por exemplo. “ser humano”, “animal”, etc.). “Trans” significa, precisamente, “alén de”, neste caso alén da universalidade dos xéneros e especies ou de calquera outra determinación particular dos entes. Así, ''unidade'', ''verdade'' e ''bondade'' serían predicables de todos os entes e
Desde entón a palabra “transcendental” aparece case sempre ligada a á [[Teoría do coñecemento]], aínda que non unicamente, significando en xeral “condición de posibilidade de algo”. Con este sentido xeral aparecerá en [[Johann Gottlieb Fichte | Fichte]], que denomina “idealismo transcendental” ó seu sistema filosófico e, tamén, na expresión “[[fenomenoloxía]] transcendental” empregada por [[Edmund Husserl|Husserl]]. Para este último é transcendental o [[método]] filosófico polo cal a conciencia, nun acto reflexivo, é capaz de volverse sobre si mesma. Deste xeito, a filosofía convertese nunha ciencia da conciencia. A conciencia actuaría como condición de posibilidade de todos os coñecementos (Conciencia transcendental). Tamén o filósofo [[Karl Otto Apel|K. O. Apel]] fixo uso da expresión “[[pragmática]] transcendental” para denominar o proxecto filosófico de fundamentación reflexiva do feito da comunicación e da argumentación, que consistiría en explicitar as condicións de posibilidade destas, é dicir, as condicións que ten que aceptar [[a priori]] todo individuo que pretenda comunicar ou argumentar algo.
|