Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Acción Gallega''' (ou ''Acción Galega'') foi o nome dun dos mais importantes movementos agrarios e anticaciquís na [[Galiza]] do [[século XX]]. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do [[agrarismo]] galego na década de 1910.
==Inicios==
A súa orixe sitúase no axitado ano de [[1909]]. Nese ano, un grupo de políticos, intelecuaisintelectuais e periodistas galegos residentes en [[Madrid]] reuníanse, día tras día: Eran [[Basilio Álvarez]], [[Alfredo Vicenti]], [[Manuel Portela Valladares]], [[Enrique Peinador]], [[Luís Antón del Olmet]], [[Prudencio Canitrot]], [[Alfonso Alcalá Martín]], [[Ricardo Vilariño]], [[Rafael Carvajal]], [[Cánovas Cervantes]], [[Eloy Páramo]], etc. O tema de discusión constante era o das loitas agrarias en Galiza; concretamente o da liberación do campesiño e, máis en xeral, do país galego. Acción Gallega concibiuse como movemento no contexto destes homes e destas preocupacións. O [[15 de xaneiro]] de [[1910]] o movemento daba o primeiro sinal público de existencia, coa aparición da ''[[revista Acción Gallega]]'', subtitulada ''Revista Quincenal. Defensora de los intereses regionales'', de extraordinario interese, na que o estilo inconfundíbel de Basilio Álvarez quedaba claramente reflectido. A parte desta campaña periodística, iníciase tamén un programa de mitins e de accións de diverso carácter. Acción Gallega enlaza coas sociedades de labregos de [[Ribadeo]], [[Riotorto]], [[A Fonsagrada]], [[Becerreá]], etc.
 
==Actividade==