Sebastián Malvar Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 5:
Unha vez en Bos Aires, Malvar percorreu o territorio e observou a necesidades de igrexas, polo que ordeou erixir novas parroquias e poboados. As sús primeiras iniciativas á fronte da súa diócesi foron encamiñadas a mellorar os costumes e a incrementar a evanxelización, preocupándose tamén por finalizar as obras de reconstrucción da catedral porteña. Nos seis anos que permaneceu na diócese o bispo Malvar tivo varios enfrentamentos co vicerrei Vértiz –un crioulo con tendencias renovadoras-, así como co cabildo catedralicio, por cuestións de preferencia e privilexios. Pola súa mentalidade conservadora, o bispo Malvar promeveu os ejercicios espirituais e prohibiu as corridas de touros.
 
A súa permanencia no río da Prata non foi moi dilatada, xa que en [[1784]] foi nomeado arcebispo de [[Santiago de Compostela|Compostela]], grazas, entre outros méritos, á súa implicación na sufocación da rebelión encabezada polo [[inca]] José Gabriel Cordoncanqui ([[Túpac Amaru II]]). Na viaxe de regreso, ao desembarcar en [[Cádiz]], protagonizou xunto co seu sobriño un curioso suceso: os funcionarios de aduanas acusáronos de traer, fraudulentamente, na equipaxe que portaban, unha considerable cantidade de barras de ouro sen registrar. Para resolver o incidente Malvar doou a mercancía á Coroa, co que quedaba exenta de rexistro. Con todo, ao parecer, o rei devolveulla para que a empregase en obras en Compostela. O arcebispo Malvar faleceu na capital da súa arquidiócese aos once anos de tomar posesión dela.
 
 
[[es:Sebastián Malvar y Pinto]]
 
[[Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria|Malvar e Pinto]]
[[Categoría:Historia de Galicia|Malvar e Pinto]]
[[Categoría:Idade Moderna|Malvar e Pinto]]
 
 
[[es:Sebastián Malvar y Pinto]]
 
<!--Categorías ocultas-->
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]