Xoán XXII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Juan XXII
+ datos desde es:
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-XIV}} [[Categoría:Papas]]
'''Xoán XXII''', (nado en [[Cahors]] en [[1249]] e falecido en [[Avignon]] o 4 de decembro de [[1334]]) foi [[papa]] da [[igrexa católica]] entre 1316 e 1334, e segundo Papa do pontificado de [[Avignon]].
 
De nome '''Jacques Duèze''', era fillo dun zapateiro de Cahors. Estudou [[teoloxía]] e leis na súa cidade natal, en [[Montpellier]] e en [[París]], para despois converterse en profesor de Dereito en [[Toulouse]].
 
Iniciou a súa carreira na igrexa como [[arcipreste]] de Cahors para posteriormente ser nomeado bispo de [[Frejus]], arcebispo de Avignon en 1310 (cargo desde o que actuou como chanceler de [[Carlos II de Anjou]], cardenal de San Vital en [[1312]] e cardenal bispo de [[Porto]] en [[1313]].
 
==O cónclave==
A súa elección como Papa tivo lugar o 7 de agosto de [[1316]], tras un interregno de case dous anos nos que o trono de [[San Pedro]] permaneceu vacante debido á división existente no [[cónclave]] reunido en [[Carpentras]], onde os cardenais, divididos en tres faccións de italianos, gascóns e franceses, propuñan tres candidatos diferentes.
 
Foi [[Felipe V de Francia]] quen puxo fin a dita situación convocando o [[Cónclave de Lyón]], no que, coa asistencia de vintetrés cardenais, resultou elexido Jacques Duèze. Foi consagrado o 5 de setembro co nome de Xoán XXII, e fixou a súa residencia en Avignon.
 
==Enfrontamento con Alemania==
Nada máis iniciarse o seu pontificado quixo intervir no conflito que vivía Alemania desde que en 1314 tivera lugar unha dobre elección ó trono disputado entre [[Luis IV de Baviera|Luis]], duque de [[Baviera]], e [[Federico de Habsburgo]], duque de [[Austria]]. O enfrontamento prolongouse ata [[1322]], cando Luis venceu na [[Batalla de Mühldorf]] a Federico, quen en [[1325]] renunciou á súa pretensión ó trono.
 
En [[1323]], Xoán XXII, que reclamara unha especie de rexencia sobre o trono alemán mentras non se solucionase a disputa entre os dous aspirantes, negouse a recoñecer a Luis como rei alegando que asumira o título sen a súa confirmación, negándose a coroalo como emperador do [[Sacro Imperio]] e excomungándoo en [[1324]] acusándoo de herético, ó ofrecer a súa protección a [[Guillerme de Ockham]], a [[Marsilio de Padua]] e a [[Miguel de Cesena]] entre outros pensadores heterodoxos.
 
Luis contestou invadindo Italia á fronte dun poderoso exército que lle permitiu ocupar [[Roma]] en xaneiro de [[1328]], onde foi coroado como emperador, tralo que depuxo ó Papa acusándoo de herexía e proclamando como novo Papa a [[Nicolás V, antipapa|Nicolás V]], o primeiro antipapa italiano.
 
O pobo romano, oprimido pola ocupación militar da súa cidade, e pola excomunión que Xoán XXII lanzara sobre a mesma, sublevouse e obrigou a Luis a abandoar Roma en agosto de 1328. O cisma no seno da igrexa foi efímero xa que o antipapa Nicolás renunciou en [[1330]] ó seu nomeamento e se someteu a Xoán XXII.
 
==Enfrontamento cos franciscanos==
No seno da orde [[franciscanos|franciscana]] producírase en [[1245]] unha división entre os chamados "conventuais" e os "espirituais", radicais que defendían un ideal de pobreza absoluta alegando que tanto Xesús como os seus discípulos carecían de posesións individuais e comunais.
 
En 1318 Xoán XXII publicou unha bula condeando a postura dos espirituais, tamén coñecidos como ''fraticelli'', calificándoa como herética e citando ó xeneral da Orde, [[Miguel de Cesena]], a comparecer na sé de Avignon. Este, que non pertencía á facción radical, negouse a aceptar os argumentos papais e decidiu buscar a protección do rei [[Luis IV de Baviera]] polo que, tras ser expulsado da orde, foi excomungado.
 
==Visión beatífica==
Un terceiro problema no que se viu inmerso Xoán XXII durante o seu pontificado foi a súa postura sobre a visión beatífica.
 
Segundo a doctrina católica, os que morren en estado de graza verán a Deus á espera do [[Xuízo Final]]. Porén, Xoán mantiña unha postura contraria, polo que foi considerado herexe por moitos teólogos da época. O Papa defendeuse desta acusación manifestando que a igrexa non tiña sobre este punto unha doctrina oficial (fixouna o seu sucesor [[Bieito XII]]) e que ademais non espuxera a súa postura ''ex cathedra'', o que lle permitiu, posteriormente, retractarse.
 
==Outros feitos==
Ó papa Xoán XXII débeselle a institución do [[Tribunal da Sagrada Rota]] e da iesta da [[Santisima Trinidade]], asi como a canonización de [[Tomás de Aquino]].
 
Promulgou a bula ''In agro dominico'' (1329), onde condenaba 28 proposicións do [[Mestre Eckhart]], 17 como heréticas e 11 como sospeitosas.
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a el como ''De surore osseo'' (Do zapateiro de Ossa), cita que fai referencia ó oficio do seu pai e a que nun principio foi considerado erroneamente membro da familia Heusse (Ossa).
 
[[Categoría:Papas]]
 
[[ca:Joan XXII]]