Bautismo anticipado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desfago redirección de mouro
Lameiro (conversa | contribucións)
engado información
Liña 1:
O '''bautismo anticipado''', tamén chamado '''bautismo prenatal''' ou '''bautismo no ventre da nai''',<ref>Taboada Chivite dá unha denominación máis técnica: ''bautismo intrauterino''"</ref> é un rito supersticioso que se practicaba en distintos lugares de [[Galicia]] e que consistía en bautiza-lo feto, aínda no ventre das nai xestante, sobre unha ponte con poderes máxicos e ás 12 da noite, co fin de asegura-lo [[embarazo]] nas mulleres que sufriran anteriormente algún [[aborto]]. Tamén se realizaba no norte de [[Portugal]].
 
[[Antonio Reigosa]] [http://www.galiciaencantada.com/] asegura que este costume estaba moi estendido por toda Galicia. E [[Eliseo Alonso]] escribía en [[1990]] que "''tal vez por esta creencia'' [a da súa completa eficacia] ''o vello rito higromántico aínda se mantén en vixencia''".
Liña 17:
: ''Se de varón tiveres condición, tera-lo nome de San Amaro glorioso que se senta á mesa de Deus o Noso Señor Todopoderoso.''
 
Rematado o bautizo, deixábase libre o paso pola ponte e comezaba a celebración e a festa, agrupándose todos nunha das entradas da ponte ou na beira do río a comer todo o que levaran disposto (noutros casos, a comida celébrase na casa da futura nai). Por fin, cando xa non poidan comer nin beber máis, regresaban ó medio da ponte e guindaban ó río todo o sobrante, incluído o mantel, vasos e cubertos, a modo de pago ós poderes máxicos do río por asegura-lo feliz nacemento do meniño. [[Luís Bouza-Brey]], que recolleu esta tradición na ''Ponte dos Padriños'', entre Cambados e Ribadumia, engade que isto de bota-lo sobrante ó río había que facelo de costas e por riba do ombreiro, fórmula eficaz para romper calquera maleficio <ref>Sobre o bautismo que se facía nesta ponte poden engadirse máis detalles: que o padriño só podía ser un home; se o primeiro home que chegara á ponte era un crego, había que suspende-la ceremonia e repetir todo outra noite; que a auga para o bautizo tiña que ser recollida persoalmente polo padriño; que o nome que lle daba ó futuro rapaz era sempre o de ''Alberte'', aínda que, de ser niña, podía cambiarse a ''Alberta''. O padriño no bautizo real, unha vez nacida a criatura, debía se-lo mesmo que actuou na ponte e, se estivese enfermo ou impedido, debíase esperar a que se recuperase; no caso de que morrese, podía ser substituído por outro home sempre que tamén estivese presente naquel acto (''La Voz de Galicia'', 8.08.1990).</ref>.
 
Cando, por fin, chegaba o momento do nacemento repetíase a cerimonia do [[bautismo]], pero desta volta xa na igrexa e co cura, asistindo como padriño ou madriña a persoa que realizou o bautismo na ponte. Usualmente, o meniño recibía o nome deste padriño.
Liña 53:
* MANRIQUE FERNÁNDEZ. (2002): ''Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas''. Asociación de Comerciantes de Ponteareas (Pontevedra).
* RISCO, Vicente (1962): "Etnografía: cultura espiritual", en OTERO PEDRAYO, Ramón (1962): ''Historia de Galiza''. Ed. Nós, Bos Aires. Tomo I, 489-490.
* VILA, X.L.: "A Ponte dos Padriños, testigo mudo del nacimiento de los 'Albertos' de O Salnés", en ''La Voz de Galicia'', 8.08.1990.
 
===Outros artigos===