Historia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro imaxe borrada
→‎Século XIX: ligazón interna
Liña 59:
=== Século XIX ===
A comezos do século XIX, a economía de Pontevedra baseábase fundamentalemente na actividade artesá, no comercio e, en menor medida, na pesca e na agricultura. Durante a [[Guerra da Independencia española]], o xeneral [[Michel Ney|Ney]] tentou ocupar a cidade.
 
En [[1833]], coa creación das [[provincia]]s, convertiuse na capital da provincia do mesmo nome cá cidade, en dura pugna con [[Vigo]]. Grazas ás funcións económicas que se derivaron desta condición, así como ao feito de ser cabeceira de comarca, Pontevedra transformouse nunha urbe administrativa que atraía [[burócrata]]s, [[burgués|burgueses]], profesionais e artesáns de todo tipo.