Conversa Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Toliño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Razóns do usuario Lansbricae: razóns insuficientes para sospeitar de ninguén
Lansbricae (conversa | contribucións)
Re a Miguel Lima
Liña 18:
* Efectivamente, os feitos e o historial de edicións demostran que o usuario Toliño non é un monicreque... (de quen?). Non hai peor cego que o quere ver, diría eu. --[[Usuario:Xabier Cid|Xabier Cid]] 10:46, 20 maio 2008 (UTC)
* Polo que pon na wiki inglesa sobre o checkuser ([[:en:Wikipedia:Requests_for_checkuser]]), parece que teñen que estar moi xustificadas as sospeitas para poder usalo. Sería bó que Lansbricae ampliase un pouco os motivos da súa sospeita, pois os que expuso ate ao de agora, ao meu entender, non demostran nada, nin sequera que sexa probable que se trate dun monicreque. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 18:24, 20 maio 2008 (UTC)
 
'''Re a Miguel Lima.''' Non tiña pensado entrar máis nesta votación. O motivo de que non aporte máis causas, ou concrete máis as expostas, do que penso é o convencemento de que a miña opinión non é máis que iso unha opinión, non pretendo con ela influir no criterio dos demais. Pódese analizar o historial de Toliño e a súa páxina de conversa para facerse unha idea do tipo de usuario e o xeito no que participou ata o de agora. Tamén pódense contrastar estes actos cos [[Wikipedia:Normas antimonicreques|criterios para a detección e tratamento de un monicreque]] (sockpuppets e derivados...) propostos por Xabier Cid, e que a pesares de non ter sido aprobados [[Wikipedia:Votacións/Normas antimonicreques|foron aplicados tal e como o propoñente prometera seguindo o seu criterio individual]] (na mesma votación onde se rexeitaba esa política, sic. Tamén se poden ver no historial de Prevert, por exemplo, as recomendacións feitas (por exemplo a min) sobre a boa posibilidade de "resucitar" nun proxecto wiki cun novo usuario libre dos actos realizados utilizando o anterior avatar.
 
O resto de causas non podo expoñelas sen facer públicas conversas particulares (con outros usuarios), que a pesares de ter sido a maioría delas con avatares e non persoas identificables non creo que teña o dereito de facelas públicas. A miña intención non é demostrar nada, nin executar ningunha medida seguindo o meu criterio, só votar e opinar. Non creo que fose unha mellor alternativa facer unha descrición persoal do historial de Toliño con ligazóns aos eventos que considere salientables e válidas para confirmar as miñas conxeturas, xa que creo que ese tipo de exposición sería unha descontextualización do seu actuar exposta baixo unha visión demasiado particular. Creo polo tanto na posibilidade de que cada quen conforme o seu criterio libremente e actúe seguindoo e espero que co tempo sexa a práctica habitual neste proxecto. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 10:36, 29 maio 2008 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Toliño".