Río Mente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 1:
O '''río Mente''' é un [[río]] do nordeste da península ibérica, cunha extensión total de 57 km. Nace en Galicia a 1.281 m de altitude na [[Serra de Texeiras]], xira en sentido Norte-Sur percorrendo 25 km en territorio español e acada a fronteira na aldea deda [[A Veiga do Seixo, Castrelo de Cima, Riós|Veiga do Seixo]], onde o seu curso se atopa a 560 m de altitude, recorre 33 km en territorio portugués e termina afluindo no [[río Rabazal]], a 400 m de altitude. Ó seu paso pola aldea portuguesa de Sandim as súas augas teñen propiedades minerais e medicinais.
 
Cando alcanza A Veiga do Seixo, fai fronteira entre [[España]] e [[Portugal]] durante algúns quilómetros. Morfoloxicamente é un rio que escavou un profundo val encaixado, no que o desnivel entre o leito e a montaña pode sobrepasar os 400 m. As súas marxes son maioritariamente rochosas, con algunhas planicies de aluvión. As ribeiras son abruptas, cunha enorme biodiversidade. As súas características concedéronlle o dereito de pertencer ó Parque Natural de [[Montesinho]] en Portugal e á Rede Natura 2000.