Manuel García Prieto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
ligazón
Xas (conversa | contribucións)
→‎Vida: ligazón
Liña 3:
==Vida==
 
Naceu en Astorga en 1859. Rematados os estudos de [[Dereito]], foi fiscal municipal do Xulgado de Madrid e ingresou no Corpo Xurídico Militar, aínda que permaneceu nel pouco tempo. Formouse no bufete de [[Montero Ríos]], de quen foi xenro. Nas filas do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] foi elixido deputado por Astorga en 1887, e despois da man de seu sogro por [[Santiago de Compostela]] en 1893. Sería deputado por este distrito durante vinte anos ata que finalmente pasou ó Senado.
 
En [[1897]] foi nomeado director xeral do contencioso do Estado e máis tarde subsecretario de Ultramar. En [[1905]] foi ministro de Gobernación no goberno de [[Montero Ríos]] e, ese mesmo ano, de Graza e Xustiza con [[Segismundo Moret]]. Deste último ministerido dimitiría ó considerar submisa a postura de Moret en relación co estamento militar.