Casiodoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Casiodoro era descendente dunha familia de orixe [[Siria|siria]] (de onde procedería o nome de ''Κασσιόδωρος'') instalada, tras varias xeracións, en Squillace (Scyllacem), en [[Calabria]]. A familia dos ''Cassiodori'' xa desempeñou unha importante misión política despois da súa chegada a [[Italia]]: o bisavó de Casiodoro serviu na armada de [[Valentiniano III]], rexeitando aos [[vándalos]] cando intentaron desembarcar en Calabria e en [[Sicilia]] (sobre o [[420]]); o seu avó formou parte da delegación enviada por [[Atila]] en [[452]], o seu pai foi ''comes sacrarum largitionum'' de [[Odoacro]] e foi nomeado, en [[495]], ''corrector Lucaniae et Bruttiorum'' por [[Teodorico o Grande]], e accedeu, en [[503]] á ''praefectura praetoriana''.
 
Casiodoro estaba predestinado, polo tanto, a exercer unha carreira política de primeira orde, incluso o seu nome (Magnus Aurelius Cassiodorus Senator, nome que el se deu a si mesmo na subscrición das ''Variae'' en [[538]]) dá testemuño da súa pertenza á aristocracia da época: Aurelius significa a alianza de Casiodoro cun membro eminente da ''gens Aurelia'' [[SímmacoSímaco]] (sogro de [[Boecio]]), e o apelido Senator fai relación ao seu cargo de senador (ao cabo da súa vida, Casiodoro, só asinará como ''Cassiodorus Senator'').
 
Aínda que non se ten constancia dos estudos que realizou cabe deducir, polas súas obras posteriores, que profundou na aprendizaxe das [[artes liberais]] e, especialmente, na gramática. Casiodoro comezou a súa carreira política na corte de [[Ravenna]] (en [[503]]), exercendo como conselleiro (''consiliarius'') do seu pai e apuntouse no ''[[cursus honorum]]''. Faise aquí pequena mención da carreira política de Casiodoro: