Jean Genet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Biografía==
Genet, fillo ilexítimo dunha prostituta, Camille Gabrielle Genet, que o abandonou cun ano de idade á Asistencia Pública (unha organización que supervisa o coidado dos fillos non desexados), e dun obreiro, François Genet, viviu dende os oito anos cun carpinteiro de [[Morvan]] e coa súa familia, os cales foron vítimas dos seus primeiros roubos. A infancia do escritor estáestivo marcada por numerosos roubos e intentos de fuga, chegando a ser acusado de furto con dez anos de idade. A súa adolescencia non foi menos escabrosa, marcada por numerosas estancias en varias prisións xuvenís, como a de [[Mettray]], [[Fresnes]] ou [[Santé]], chegando incluso a prostituírse. Aos dezanove anos uniuse á Lexión Estranxeira Francesa, pero pronto a abandona (xa que foi declarado culpable de realizar actos impúdicos cun compañeiro) para dedicarse a deambular por diversos lugares de [[Europa]]. Nesta etapa da súa vida foi acusado de [[homosexualidade]], contrabando e roubo. A partir de [[1930]] a súa vida oscilará entre cárcere e cárcere; nove anos despois Jean Genet comeza a escribir.
 
En [[1937]] regresa a París, onde tamén pasará longas temporadas no cárcere, acusado novamente de roubo, mendicidade, condutas obscenas e falsificación de documentos. Tras dez condenas consecutivas, o escritor foi condenado a cadea perpetua; porén, mercé a figuras da vida artística e intelectual francesa, coma [[Jean-Paul Sartre]], [[André Guide]] ou [[Jean Couteau]] (os cales quedaran marabillados pola obra de Genet), o escritor francés consegue o indulto; a partir de entón Genet non volveu ser encarcerado.
 
No [[1949]], Genet xa ten publicados cinco novelas, tres obras teatrais e varios poemas, obras que foron censuradas debido aos seus temas escandalosos para a época, tales como a homosexualidade ou o crime, pois estes eran retratados dunha maneira explícita e provocadora. Por causa da gran depresión que lle casou a Genet a lectura do ensaio de Sartre , ''Saint Genet comédien et martyr'', no que facía unha análise da súa propia figura, o escritor francés deixou de escribir durante anos. En [[1964]] fixo un intento de [[suicidio]] despois de que a persoa coa que estaba mantendo unha relación por aquel entón se quitara a vida.
 
A finais dos anos 60 aumentou a súa causa política, chegando a participar en manifestacións nas que protestaba polas duras condicións de vida dos inmigrantes en [[Francia]]. Durante este período, o escritor dedicouse á docencia, deixando un pouco de lado a escrita. Uns cantos anos despois, en [[1986]], Jean Genet, diagnosticado dun [[cancro]] de garganta, foi atopado morto, unha morte cuxa causa probablemente fose un traumatismo cranial provocado por unha caída accidental.