Ontoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Ontologija
Xas (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 1:
'''Ontoloxía'''. Etimoloxicamente este termo procede das palabras gregas ''to ón'' (o que ten ser) e ''logos'' (pensamento). Así, a ontoloxía é a ciencia ou estudio do [[ser]]. Habitualmente considérase que a ontoloxía é unha parte da [[metafísica]]. Esta subdividiríase en ''ontoloxía'' (estudio do ser como propiedade común a todos os [[ente |entes]]) e ''teoloxía'' (estudio específico do ser do ente supremo, [[Deus]]).
 
O estudio do ser propio da ontoloxía consiste nunha reflexión sobre certos conceptos e principios que están á base de todo discurso humano sobre a realidade. Trátase de conceptos como ''[[sustanciaSubstancia (filosofía)|substancia]]'', ''[[espazo]]'', ''[[tempo]]'', ''[[relación]]'', etc., e principios como o de ''idéntidade'' e ''non contradicción''. Respecto da natureleza destes conceptos existen basicamente dúas posturas:
 
'''''Ontoloxías realistas'''''. Os conceptos fundamentais describen o que verdadeiramente existe con independencia da conciencia humana. Á súa vez, estas ontoloxías subdivídense en ''materialistas'' (só existen realidades corpóreas, de xeito que estas son as únicas sustancias ás que se poden aplicar eses conceptos) e ''espiritualistas'' (existe a materia, pero é unha sustancia derivada doutra sustancia incorpórea previa, por exemplo o Deus dos [[cristianismo|cristiáns]] ou as [[mónada|mónadas]] de [[Leibniz]]).