Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
→‎Paz e diñeiro: Dinamizadores
Liña 627:
 
Os monitores da Consellaría non teñen cometido laboral na Galipedia. Simplemente van organizar unhas actividades concretas nas que van explicar como se crea unha conta en gmail, como se procura información en google ou como se edita na wikipedia. Vánselles dar unhas explicacións técnicas porque eles non son informáticos, son dinamizadores culturais. Sobre a pregunta concreta de que facemos con eles: como calquer usuario da wikipedia (é posíbel que algún o sexa xa, non o sei) está claro: non poden editar nada sobre o que estean implicados directamente, ou sexa, sobre a súa consellaría. Para evitar isto pódeselles indicar que, na súa páxina de usuario se identifiquen cun marcador, por exemplo, <nowiki>{{dinamizadorIndustria}}</nowiki>. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 18:19, 21 marzo 2008 (UTC)
 
Re a Lmbuga: :O que a Galipedia lle interesa saber é que específicamente dixeron que se había oposición dos administradores da Galipedia non montarían esta iniciativa, a iso ti e só ti contestaches que NON, que pensabas que sairía adiante e que incluso se podía solicitar a colaboración de todos os colaboradores habituais de achegarse a eses talleres/parties ou como os queiras chamar, o caso é que eles explicaron que eso non significaba que aínda así eles precisaban dunha persoa que elaborase un manual (que vai estar a disposición de todos nós) e de 4 charlas -unha en cada provincia- aos monitores que non traballan para cidadanía (incluso chegaron a explicar as probas e os colectivos que a xunta contrataba para eses postos) e que era Cidadanía e non a Galipedia a que buscaría a persoa que máis se axustara ao que eles procuraban. Tamén falaron de que se a iniciativa tiña éxito desde a Xunta se podería apoiar á galipedia nalgunha cousa que a galipedia quixera montar. Sobre a miña pertinencia nos espazos, non entro en descalificacións persoais. Xa expliquei o motivo polo que fun a pesar da cantidade de cousas mais importantes que tiña que facer, pero quería como usuaria da Galipedia coñecer de 1ª man os feitos e cada día que pasa alégrome máis de telo feito. Saúdos. [[User:Alma|Alma]]<sup>[[User talk:Alma| (fálame eiquí) ]]</sup> 18:28, 21 marzo 2008 (UTC)