Antonio de Nebrija: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
== Biografía ==
Elio Antonio naceu na poboación [[Provincia de Sevilla|sevillana]] de [[Lebrija]] no ano [[1444]]. Despois de realizar os seus estudos preparatorios ingresou na [[universidade de Salamanca]], a máis notoria da [[Coroa de Castela]], na que realizou estudos de Humanidades. En [[1463]] foise para [[Boloña]], [[Italia]], a fin de ampliar a súa formación. Regresou ao cabo dunhaduns décadasete anos, e foi profesor, primeiro en [[Sevilla]], e logo en [[Salamanca]]. Nesta altura xa publicara os seus primeiros traballos sobre a língua latina, nun latín elegante, que o encheu de sona, non só en España, senón en toda Europa. Chamado polo [[cardeal Cisneros]], en [[1490]], Nebrija acudíu a [[Alcalá de Henares]], onde aquel o puxo a fronte da revisión das traduccións grega e latina da monumental edición da [[Biblia Políglota]], labor que renmatou en [[1502]].
 
=== A Gramática Castelá de 1492 ===
Antes, en 1492, publicou a [[Gramática de la Lengua Castellana (1492)|Gramática de la Lengua Castellana]], que dedicou aos Reis Católicos, na que aparecía a famosa frase, premonitoria, "a língua sepre foi compañeira do Imperio", aínda que posibelmente Nebrija pensaba no [[Imperio Romano]] e outros da Antigüidade, antes que no castelán como língua imperial. E, sen dúbida, era consciente do aboiar das línguas romances desde o Rinascimento italiano, pois non en van o seu texto ía redactado en castelán. Como for, o caso é que Nebrija innovaba con a súa Gramática e adiantaba ao castelán nas investigacións modernas sobre a língua (basta comparar as datas das modernas gramáticas nas diversas linguas europeas). Por desgracia, segundo foron pasando os anos do século XVI, os estudos humanísticos españois deixaron de ser avanzados, e a Ciencia en xeral declinou.
 
=== Últimos anos ===
En [[1509]], foi nomeado [[Crónica|cronista]] da corte, ao tempo que regresou á universidade salmantina. EnMais en 1513, voltou para Alcalá de Henares, e alí faleceu Nebrija en [[1522]].
 
== Obras principais ==