Benvido(a) 84.78.58.233 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Alma (fálame eiquí) 16:40, 14 outubro 2007 (UTC)

Topónimos editar

Ola, editor anónimo. Vin que estabas creando artigos a partir da wikipedia española sobre nomes de localidades andaluzas. Quería facerche dúas consideracións.

  • Se estas a crear artigos a partir da wikipedia española, deberías consignalo no campo de resumo da edición, posto que a licenza da wikipedia esixe que se sinale a procedencia.
  • Débense diferenciar os topónimos conforme aos criterios usados na wikipedia galega. Iso leva aparellado o uso de comas, e non de parénteses, e distintos procedementos para consignar os topónimos. Por exemplo, no caso de Montilla non é necesaria ningunha desambiguación. Noutros casos indícase o país, como en Monzón, España, e non as divisións interiores do tipo Monzón, Huesca ou Monzón, Aragón.

Por outra parte, recoméndoche que te rexistres como usuario da wikipedia. Dese xeito, será moito máis sinxelo que os demais usuarios da wikipedia se comuniquen contigo, e viceversa. Un saúdo. --Xabier Cid 11:20, 21 marzo 2008 (UTC)

Bos días, sr Cid - 1º- non están creados a partir dos correspondentes da wik-español, o que non quer dicer que non empregue, datos para completar ou iniciar, pero ás veces están colidos doutras (p.ex. italianas) - 2º- se salen con indicacións innecesarias é porque así están noutros lugares en vermello. Montilla precisamente necesita diferenciación porque hainas espalladas polo mundo (ata en Filipinas). Gracias por todo - IP 84.78.58.233, 21 marzo 2008, 14:22